Lactobacillales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lactobacillales
Streptococcus pneumoniae
Streptococcus pneumoniae
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Firmicutes
Clase: Bacilli
Orde: Lactobacillales
Familias

Aerococcaceae
Carnobacteriaceae
Enterococcaceae
Lactobacillaceae
Leuconostocaceae
Streptococcaceae

Lactobacillales é unha orde de bacterias Gram positivas que comprende as bacterias do ácido láctico. Encóntranse no solo, auga, plantas e animais. Utilízanse na produción de alimentos fermentados, como iogur, queixo, manteiga, kéfir, etc., nos que orixinan a formación de ácido láctico a partir de azucres. Tamén son responsables da fermentación maloláctica na produción do viño, e fermentan os repolos para facer sucrut. Hai tamén especies patóxenas como Streptococcus pneumoniae ou Enterococcus faecalis.

Características[editar | editar a fonte]

  • As Lactobacillales teñen células de formas variadas: cocos, bacilos ou cocobacilos.
  • Obteñen a enerxía da oxidación de compostos orgánicos.[1]
  • Son Gram positivas
  • Non esporuladas, xeralmente non móbiles
  • Oxidase negativas (ausencia do encima oxidase)
  • Catalase negaivas (ausencia do encima catalase).

Ademais, o riboswitch de caixa SMK encóntrase só na orde Lactobacillales.

Familias[editar | editar a fonte]

Comprenden as familias Aerococcaceae, Carnobacteriaceae, Enterococcaceae, Lactobacillaceae, Leuconostocaceae, e Streptococcaceae.

A familia tipo é a das Lactobacillaceae que ten numerosas especies que forman parte da microbiota da boca, tracto gastrointestinal e vaxina dos animais homeotermos. Estes bacilos están presentes en alimentos lácteos, carne, peixe, cereais, froitas, zumes de froitas, legumes, prebes e pratos cociñados.[1] Utilízanse na produción de alimentos fermentados como o queixo ou iogur e outros. As Aerococcaceae encóntranse no aire, po, vexetación e solo. As Carnobacteriaceae encóntranse na carne envasada ao baleiro, o queixo, peixe ou nos lagos antárticos meromícticos[2]. As Enterococcaceae forman parte da flora intestinal dos mamíferos e aves, e algunhas son patóxenas, como Enterococcus faecalis. As Leuconostocaceae encóntranse nas plantas e en diversos alimentos como o leite e os produtos lácteos fermentados, produtos vexetais fermentados e carne. Moitas Streptococcaceae son comensais ou parasitos de animais, e algunhas moi patóxenas como Streptococcus pneumoniae.[2].

Filoxenia[editar | editar a fonte]

A orde Lactobacillales foi proposta inicialmente en 2005, e foi descrita en 2009 no volume 3 da segunda edición do Manual de bacterioloxía sistemática de Bergey (Ludwig et al.) e validado en marzo de 2010 e inscrito na lista de validación 132. A taxonomía aceptada actualmente desta orde está baseada na LPSN [3] [4] e a filoxenia foi elaborada segundo as secuencias do ARNr de 16S da LTP 106 do 'The All-Species Living Tree' Project [5]

Lactobacillales

Aerosphaera taetraHutson & Collins 2000



Carnococcus allantoicusTanner et al. 1995



Aerococcaceae




Granulicatella Collins e Lawson 2000





Atopobacter phocae Lawson et al. 2000



Bavariicoccus seileri Schmidt et al. 2009





Trichococcus Scheff et al. 1984 emend. Liu et al. 2002





Lactobacillus algidus Kato et al. 2000




Lactobacillus grupo de especies 2




Lactobacillus Beijerinck 1901 emend. Cai et al. 2012




Leuconostocaceae




Lactobacillus grupo de especies 3




Lactobacillus grupo de especies 4




Lactobacillus grupo de especies 5




Lactobacillus grupo de especies 6




Pediococcus Claussen 1903



Lactobacillus grupo de especies 7













Carnobacterium Collins et al. 1987




Isobaculum melis Collins et al. 2002




Carnobacteriaceae 2 [incl. varios Carnobacterium sp.]




Desemzia incerta (Steinhaus 1941) Stackebrandt et al. 1999


Enterococcaceae & Streptococcaceae

(continúa)











Lactobacillales parte 2 (continuación)[editar | editar a fonte]

Lactobacillales parte 2

Vagococcus fessus Hoyles et al. 2000




Vagococcus Collins et al. 1990




Catellicoccus marimammalium Lawson et al. 2006




Enterococcus (ex Thiercelin e Jouhaud 1903) Schleifer e Kilpper-Bälz 1984




Enterococcus phoeniculicola Law-Brown e Meyers 2003




Enterococcus grupo de especies 2 [incl. Melissococcus plutonius & Tetragenococcus]




Enterococcus grupo de especies 3




Enterococcus grupo de especies 4




Enterococcus raffinosus Collins et al. 1989



Enterococcus avium (ex Nowlan e Deibel 1967) Collins et al. 1984




Enterococcus pallens Tyrrell et al. 2002




Enterococcus hermanniensis Koort et al. 2004




Pilibacter termitis Higashiguchi et al. 2006



Streptococcaceae














Notas:
♠ Cepas que se encontran no NCBI pero non están na LPSN.

Xéneros de bacterias do ácido láctico[editar | editar a fonte]


Notas[editar | editar a fonte]