Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
-
- Esta páxina trata sobre a clase bacteriana Bacilli. Para o xénero bacteriano de nome similar ver Bacillus. Para as bacterias con forma de bastón ver bacilo.
Bacilli é o nome dunha clase taxonómica bacteriana, que inclúe tanto especies con forma de bacilo coma de coco. Está dividida en dous ordes, Bacillales e Lactobacillales, que conteñen algúns patóxenos importantes, como Bacillus anthracis ou Listeria monocitogenes. Case todas son Gram positivas.
Posibles confusións do nome [editar]
Debe terse coidado co uso dos nomes Bacilli (que se traduciría para o galego como "bacilos"), Bacillus (que se traduciría como "bacilo") e o termo "bacilo"", usado para designar ás bacterias alongadas con forma de bastonciño. Neste caso a ambigüidade pode evitarse utilizando os nomes científicos e non o vernáculo. Téñase presente o seguinte:
- Bacilli é un taxon bacteriano con categoría de clase. Dentro del hai bacterias con forma de bastón (bacilos) pero tamén cocos.
- Bacillus é o nome dun xénero bacteriano que pertence á clase Bacilli, polo que o seu significado é moito máis restrinxido, xa que a clase Bacilli comprende varios xéneros.
- Bacilo é o termo que se aplica ás bacterias que teñen unha determinada morfoloxía, concretamente ás que son alongadas con forma de bastonciño. Hai bacterias con esta forma en varias clases taxonómicas bacterianas e non só en Bacilli. Por exemplo, E. coli é un bacilo que non pertence á clase Bacilli.
A taxonomía actualmente aceptada deste grupo está baseada na LSPN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [1] [2] e a filoxenia elaborouse con datos da LTP 106 baseada no ARNr de 16S do 'The All-Species Living Tree' Project [3]
Bacillales non clasificadas
Notas:
♠ Cepas que se encontran no National Center for Biotechnology Information (NCBI) pero non están listados na List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature LPSN
Bacilli parte 2 (continuación) [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]