Enterococcus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enterococcus
Infección por Enterococcus sp. en tecido pulmonar
Infección por Enterococcus sp. en tecido pulmonar
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Firmicutes
Clase: Bacilli
Orde: Lactobacillales
Familia: Enterococcaceae
Xénero: ''Enterococcus''
(ex Thiercelin & Jouhaud 1903)
Schleifer & Kilpper-Bälz 1984
Especies

E. avium
E. durans
E. faecalis
E. faecium
E. gallinarum
E. solitarius
etc.

Enterococcus é un xénero de bacterias do ácido láctico do filo Firmicutes. Os enterococos son cocos Gram positivos, que adoitan a aparecer en pares (diplococos) ou formando curtas cadeas, e son difíciles de distinguir dos estreptococos fixándonos só nas súas características físicas.[1] Dúas especies deste xénero son comensais comúns do intestino humano: E. faecalis (90-95%) e E. faecium (5-10%). Outras especies poden formar en raros casos clusters infecciosos, como E. casseliflavus, E. gallinarum, e E. raffinosus.[1]

Fisioloxía e clasificación[editar | editar a fonte]

Os enterococos son organismos anaerobios facultativos.[2] Aínda que non poden formar esporas, son tolerantes a un amplo rango de condicións ambientais, como temperaturas extremas (10-45°C), pHs de 4,5 a 10,0, ou altas concentracións de cloruro de sodio.[3]

É característico dos enterococos a gamma-hemólise en ágar sangue de sangue de ovella.[4]

Historia[editar | editar a fonte]

Membros do xénero Enterococcus eran clasificados ata 1984 como Streptococcus do grupo D, pero as análises xenómicas indicaron que era máis apropiado clasificalas nun xénero separado.[5]

Patoloxía[editar | editar a fonte]

Importantes infeccións clínicas causadas por Enterococcus son infeccións do tracto urinario, bacteremias, endocardite bacteriana, diverticulite, e meninxite.[3][4] Cepas sensibles destes microorganismos poden tratarse con ampicilina, penicilina e vancomicina.[6]

Desde un punto de vista médico, unha importante característica deste xénero é o alto nivel de resistencia a antibióticos intrínseca. Algúns enterococos son intrinsecamente resistentes a antibióticos β-lactámicos (penicilinas, cefalosporinas, carbapenems), e a moitos aminoglicósidos.[4] Nas últimas décadas, emerxeron cepas especialmente resistentes á vancomicina de Enterococcus (VRE) en infeccións nosocomiais en pacientes hospitalizados.[3] Estas cepas resistentes poden ser tratadas con quinupristina/dalfopristina (Synercid) con taxas de resposta de aproximadamente o 70%.[7] A rifampicina e a tigecycline teñen tamén actividade antienterocócica.[2]

A meninxite enterocócica é unha rara complicación de neurocirurxía. Xeralmente require tratamento con vancomicina intravenosa ou intratecal (baixo a membrana aracnoide), aínda que se debate se este uso ten algún impacto nos resultados: a retirada dos aparellos neurolóxicos é crucial no tratamento destas infeccións.[8]

Novas evidencias epidemiolóxicas asocian os enterococos coa prostatite bacteriana. Os enterococos serían causantes ocasionais desta prostatite, na cal os enterococos formarían un biofilme na próstata (os axentes máis comúns son E. coli, Klebsiella, Proteus e Pseudomonas)[9].

Calidade bacteriolóxica das augas[editar | editar a fonte]

Nas masas de augas naturais, o nivel aceptable de contaminación bacteriana é moi baixo, e os enterococos poden servir para medilo e nalgúns casos están substituíndo nesa aplicación aos tradicionalmente usados coliformes.[10] En países, como EEUU, en 2004, os Enterococcus substituíron aos coliformes fecais como estándar federal para a calidade das augas en praias mariñas, mentres que E. coli é o estándar en praias de auga doce.[11] Isto debeuse a que se cre que proporcionan unha correlación máis alta ca os coliformes fecais con moitos dos patóxenos humanos que se encontran nas augas residuais urbanas.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 The Enterococci: Pathogenesis, Molecular Biology, and Antibiotic Resistance. Washington, D.C.: Gilmore MS, et al. 2002. ISBN 978-1-55581-234-8.
  2. Gram-Positive Pathogens. Fischetti VA, Novick RP, Ferretti JJ, Portnoy DA, Rood JI. 2000. ISBN 1-55581-166-3.
  3. 3,0 3,1 3,2 Fisher K, Phillips C (June 2009). "The ecology, epidemiology and virulence of Enterococcus". Microbiology 155 (Pt 6): 1749–57. DOI:10.1099/mic.0.026385-0. PMID 19383684.
  4. 4,0 4,1 4,2 Sherris Medical Microbiology (4th ed.). Ryan KJ, Ray CG. 2004. pp. 294–5. ISBN 0-8385-8529-9.
  5. Schleifer KH; Kilpper-Balz R (1984). "Transfer of Streptococcus faecalis and Streptococcus faecium to the genus Enterococcus nom. rev. as Enterococcus faecalis comb. nov. and Enterococcus faecium comb. nov.". Int. J. Sys. Bacteriol. 34: 31–34. DOI:10.1099/00207713-34-1-31.
  6. Pelletier LL Jr. (1996). Microbiology of the Circulatory System. in: Baron's Medical Microbiology (Baron S et al., eds.) (4th ed.). Univ of Texas Medical Branch. ISBN 0-9631172-1-1. http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/bv.fcgi?rid=mmed.section.5077.
  7. Tünger A, Aydemir S, Uluer S, Cilli F (2004). "In vitro activity of linezolid & quinupristin/dalfopristin against Gram-positive cocci". Indian J Med Res 120 (6): 546–52. PMID 15654141.
  8. Guardado R, Asensi V, Torres JM et al. (2006). "Post-surgical enterococcal meningitis: clinical and epidemiological study of 20 cases". Scand. J. Infect. Dis. 38 (8): 584–8. DOI:10.1080/00365540600606416. PMID 16857599.
  9. Management of prostatitis. H S Gurunadha Rao Tunuguntla and C P Evans. Prostate cancer and prostate diseases. 2002, Volume 5, Number 3, Pages 172-179 [1]
  10. "Clean Water Branch". Hawaii State Department of Health. http://gen.doh.hawaii.gov/sites/har/AdmRules1/11-54.pdf. Consultado o 2012-05-18.
  11. "Water Quality Standards for Coastal and Great Lakes Recreation Waters". EPA. http://www.epa.gov/fedrgstr/EPA-WATER/2004/July/Day-09/w15614.htm. Consultado o 7/9/2004.
  12. Jin G, Jeng HW, Bradford H, Englande AJ (2004). "Comparison of E. coli, enterococci, and fecal coliform as indicators for brackish water quality assessment". Water Environ. Res. 76 (3): 245–55. DOI:10.2175/106143004X141807. PMID 15338696.