Enrique León Calviño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEnrique León Calviño
Biografía
Nacemento1 de agosto de 1944 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Verín, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , policía Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Enrique León Calviño, nado en Verín o 1 de agosto de 1944, é un policía e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de facer o bacharelato aprobou as oposicións a policía, e logo de traballar durante dous anos en Barcelona, en 1970 foi destinado a Vilagarcía de Arousa. En 1995 ascendeu a comisario xefe e en 1999 asumiu a xefatura da brigada da Unidade de Drogas e Crime Organizado de Galicia. En 2001 foi destinado como comisario en Santiago de Compostela, onde permaneceu ata 2006. Nese momento, por motivos de idade, pasou á situación de segunda actividade sen destino, e aceptou a oferta de entrar en política. Presentouse como candidato socialista á alcaldía de Vilagarcía de Arousa, logo da retirada do anterior alcalde Joaquín Javier Gago López.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Tras dos comicios do 25 de maio de 2007, Enrique León foi elixido alcalde co apoio do grupo nacionalista para dirixir un goberno en minoría. Só unhas semanas máis tarde, a Xunta Electoral Central estipulou que un policía en segunda actividade non pode ser elixido como concelleiro polo seu traballo (se ben na reserva). Porén, a Xunta Electoral declarouse incompetente para tomar decisións ao respecto. Despois de valorar a situación, decidiu dimitir o 9 de xullo de 2007, xaora o seu mandato non chegou aos dous meses.


Predecesor:
Javier Gago
 
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
 
2007 - 2007
Sucesor:
Dolores García Giménez

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]