Dolores García Giménez
Dolores García Giménez, tamén coñecida como Dolores García Dorgambide, nada en Vilagarcía de Arousa en 1956, é unha política socialista e alcaldesa de Vilagarcía de Arousa.
Índice |
[editar] Traxectoria
Dolores García é avogada e foi funcionaria da Xunta de Galicia, ocupando o cargo de xefa de servizo de Xestión Económica do Sergas.
Logo da dimisión o 9 de xullo de 2007 do alcalde electo Enrique León Calviño, a causa da incompatibilidade da súa elección, Dolores García foi elixida alcaldesa da cidade o 12 de xullo, a primeira da súa historia, co apoio dos concelleiros socialistas e nacionalistas. É filla do deputado tamén socialista Giménez Dorgambide. En setembro de 2010, logo de tres anos como alcaldesa, anunciou que non se presentaría á reelección por motivos persoais[1].
| Predecesor: Enrique León |
Alcaldesa de Vilagarcía 2007 - 2011 |
Sucesor: Tomás Fole |