Enrique Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enrique Iglesias
Enrique Iglesias 2011, 2.jpg
Nome completo Enrique Miguel Iglesias Preysler
Naceu 8 de maio de 1975
Orixe Madrid, España España
Ocupación (s) Cantante
Xénero Pop, R&B
Tempo en activo 1995 - presente
Na rede
www.enriqueiglesias.com

Enrique Miguel Iglesias Preysler, máis coñecido como Enrique Iglesias, nado en Madrid o 8 de maio de 1975, é un cantautor e produtor español.

Coñecido como "O Rei do Pop Latino", vendeu máis de 60 millóns de discos ao redor do mundo, sendo así un dos máximos expoñentes da música, actualmente. É fillo do cantante español Julio Iglesias e da condutora de televisión e xornalista filipina Isabel Preysler.

Enrique Iglesias comezou a súa traxectoria profesional en 1995 ao asinar un contrato co selo discográfico Fonovisa, da empresa Televisa, que impulsou a súa carreira nos seus inicios. Ao terminar este contrato en 2000, Iglesias conseguiu asinar un novo para realizar con Universal Music os discos en español, e con Interscope Records os discos en inglés. O ano seguinte, o cantante comezou a incursionar no mercado da música en inglés.

Ata o momento 20 dos seus temas chegaron ao #1 das listas do Billboard Hot Latin Tracks, ademais conseguiu 2 sinxelos #1, no Billboard Hot 100, para un total de 22 Números Un tanto no mercado Latino como no anglosaxón nos Estados Unidos.[1]

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Enrique Iglesias