Sharp Corporation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sharp Corporation
Sharp logo.svg
Sharp Head Office.jpg
Sede de Sharp en Osaka, Xapón.
Tipo Sociedade Anónima
Fundación 1912 Tokio, Flag of Japan.svg Xapón
Localización Abeno-ku, Osaka, Flag of Japan.svg Xapón
Fundador Tokuji Hayakawa
Persoas clave Takashi Okuda (Presidente)
Mikio Katayama (Director)
Industria Electrónica
Produtos Electrónica
Telecomunicacións
Tv
LCD
Teléfonos móbiles
Células solares
Circuítos integrados
Número de empregados 57.200 (2012)
Páxina web sharp-world.com


Sharp Corporation (シャープ株式会社, Shāpu Kabushiki-gaisha) é unha corporación xaponesa que deseña, fabrica e comercializa produtos electrónicos. A empresa foi fundada en 1912 e toma o nome dun dos seus primeiros inventos: o portaminas, en inglés: Ever-Sharp mechanical pencil (lapiseiro sempre afiado) inventado en 1915 por Tokuji Hayakawa fundador de Sharp.

Sharp é unha das máis grandes empresas fabricantes de televisores do mundo despois de Samsung, LG e Sony.

En 2007, Sharp tomou o control de Pioneer. En 2009 asociáronse para crear Pioneer Digital Design and Manufacturing Corporation, unha asociación no sector dos soportes ópticos.

Historia[editar | editar a fonte]

Calculadora Sharp

As orixes da empresa están nun pequeno obradoiro mecánico fundado en 1912 por Tokuji Hayakawa (早川 徳次). O primeiro dos seus moitos inventos foi una presilla broche chamada 'Tokubijo'. O invento que deu nome á empresa foi o fío (sharp) que sempre tiñan os seus portaminas. O negocio dos lapiceiros automáticos foi destruído polo grande terremoto de Kantō en 1923, e a empresa mudou para Osaka. Alí comezou a traballar no deseño de aparellos de radio que saíron ao mercado no ano 1925. En 1953 comenzou a fabricar televisores.

En 1964, Sharp fabricou a primeira calculadora do mundo transistorizada. Tardou varios anos para desenvolver o produto, xa que non tiña experiencia na fabricación de dispositivos de cómputo nese momento. Dous anos máis tarde, en 1966, Sharp presentou a súa primeira calculadora de circuitos integrados utilizando 145 circuítos integrados bipolares Mitsubishi. En 1969 presentou a primeira calculadora LSI.

Outro avance importante foi a presentación en 1973 da pantalla LCD, tecnoloxía que aínda continúa a fabricar Sharp.

En marzo de 2012, a compañía de electrónica Hon Hai (comunmente coñecida como Foxconn) acordou mercar unha participación do 10 por cento en Sharp Corporation por 806 millóns de dólares, e a compra de ata o 50 por cento das pantallas LCD producidas na factoría de Sharp en Sakai, Xapón.

Sharp en España[editar | editar a fonte]

Sharp abriu delegación en España en 1989 para fabricar televisores e outros produtos para o mercado europeo. En 2012 instalou en Cornellà de Llobregat (Barcelona) un centro de excelencia I+D+i desde onde se desenvolverán os futuros produtos de catálogo de televisores LCD Aquos da marca en Europa[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]