Economía do Líbano
| Economía de Líbano | |
|---|---|
| Moeda | libra libanesa |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, CCG e outros |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 58,65 mil millóns (2010) |
| Posición do PIB | 87ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 7,2% (2010) |
| PIB per cápita | $ 14.200 (2010) |
| PIB por sector | agricultura 5,1%, industria 15,9%, comercio e servizos 79% (2010) |
| Inflación | 3,7% (2010) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 28% (1999) |
| Total da forza de traballo | 1.481.000 (2010) |
| Forza de traballo por sector | dato non dispoñíbel |
| Desemprego | dato non dispoñíbel |
| Industrias | bancos, turismo, procesamento de alimentos, viño, xoias, cemento, téxtiles, produtos minerais e químicos, madeira e móbiles, refino de petróleo, fabrico de metais |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 5 187 millóns (2010) |
| Produtos de exportación | xoias, metais de base, produtos químicos, bens de consumo diversos, froitas e legumes, tabaco, materiais de construción, máquinas para xeración de enerxía, fibras téxtiles, papel |
| Principais mercados | Suíza 22%, Emiratos Árabes Unidos 10%, Iraq 8%, Arabia Saudí 7%, Siria 6% (2009) |
| Importacións | 17 970 millóns (2010) |
| Principais produtos importados | derivados de petróleo, automóbiles, produtos medicinais, roupas, carne e animais vivos, bens de consumo, papel, tecidos para produción de roupa, tabaco, máquinas e equipamentos eléctricos, produtos químicos |
| Principais mercados | Estados Unidos 11%, Francia 10%, República Popular de China 9%, Italia 8%, Alemaña 8%, Turquía 4% (2009) (2009) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 34,45 mil millóns (2010) |
| Receitas | 9 001 millóns |
| Despesas | 10 950 millóns |
A economía de Líbano, así como a súa calidade de vida, xa foi das máis prósperas de todo o Oriente Medio. Con todo coa guerra civil libanesa entre 1975 e 1990, toda a economía do país foi afectada, a produción nacional foi cortada pola metade e o país deixou de figurar como centro financeiro rexional.[1]
Co termo do conflito interno e a recuperación da estabilidade política, o país mobilizouse na reconstrución. Para realizala, Líbano recibiu de inmediato preto de US$ 15 mil millóns de países como Francia e Alemaña e, actualmente, tamén dos Estados Unidos. Coa infraestrutura reconstruída, a economía volveu crecer cunha das máis altas taxas do mundo, facéndose un polo de crecemento na rexión. A capital, Beirut (chamada de "París do Oriente") volveu gañar destaque no escenario rexional, acollendo varios eventos.
O país volveu ser chamado de "Suíza do Oriente" debido ás actividades financeiras alí realizadas. A reconstrución de monumentos e infraestrutura atraeu o turismo que crece cada ano.
Actualmente, Líbano volveu ter un dos máis elevados patróns de vida de Oriente Medio. O país ten unha economía de libre mercado baseada no sector de servizos. Non hai restricións aos investimentos estranxeiros, pero o país sofre con altos impostos e tarifas, corrupción, suborno e reducida protección aos dereitos de propiedade intelectual[1].