Economía de Finlandia
| Economía de Finlandia | ||
|---|---|---|
| Moeda | Euro | |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Europea, OCDE | |
| Datos estatísticos Fonte:CIA | ||
| PIB | US$ 176,4 mil millóns (2006) | |
| PIB (posición) | 51° no mundo | |
| % de crecemento PIB | 5,5% (2006) | |
| PIB per cápita | US$ 33 700 (2006) | |
| PIB por sector | agricultura 2,8%, industria 29,5%, comercio e servizos 67,6% (2005) | |
| Inflación anual | 1,7% | |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | dados non disponíbeis | |
| Total da forza de traballo | 2,62 millóns | |
| % traballadores por sector | agricultura e forestación 8 %, industria 22 %, comercio 14 %, construción 6%, finanzas, seguros e xestión 10%, transportes e comunicacións 8%, servizos públicos 32% | |
| Desemprego | 7% (2006) | |
| Parcerías comerciais [1] | ||
| Exportacións (US$) | 84,72 mil millóns f.o.b. (2006) | |
| Principais produtos exportados | máquinas e equipamentos, produtos químicos, metais; madeira, papel, celulosa (1999) | |
| Principais mercados | Rusia 11,2%, Suecia 10,7%, Alemaña 10,5%, Reino Unido 6,6%, Estados Unidos 6,2%, Países Baixos 4,8% (2005) | |
| Importacións (US$) | 71,69 mil millóns (2006) | |
| Principais produtos importados | alimentos, petróleo e derivados, produtos químicos, ferro e acero, máquinas, fios e tecidos, gráns | |
| Principais parceiros | Alemaña 16,2%, Suecia 14,1%, Rusia 13,9%, Países Baixos 6,2%, Dinamarca 4,6%, Reino Unido 4,3%, República Popular China 4,2% (2005) | |
| Finanzas públicas [2] | ||
| Débeda externa | US$ 251,9 mil millóns (2006) | |
| Receitas (US$) | 105,6 mil millóns (2006) | |
| Despesas (US$) | 101 mil millóns (2006) | |
| Axuda económica doada (US$) | 850 536 746,49 (2006) | |
Finlandia ten unha economía altamente industrializada e liberalizada, cunha renda per capita máis alta que a do Reino Unido, Francia, Alemaña ou Italia. O nivel de vida finlandés é alto. O seu sector chave económico é a manofacturación, principalmente a madeira, metais, enxeñería, telecomunicacións (especialmente Nokia), e outras industrias eléctricas. O comercio é importante con exportacións equivalentes a case unha terceira parte do PIB. Agás a madeira e algúns metais, Finlandia depende da importación do cru, enerxía e algúns compoñentes da manofacturación.
Debido ó seu clima, o desenvolvemento da agricultura está limitado á autosuficiencia nos produtos básicos. A forestación, un sector importante, supón a segunda ocupación para a poboación do rural. Cunha rápida integración coa Europa Occidental, Finlandia foi un dos 11 países que se uníu ó sistema monetario do Euro, en xaneiro de 1999. O crecemento foi débil no 2002, máis caeu lixeiramente no 2003 pola crise económica mundial.