Dream Theater

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dream Theater (Logo).png
Dream Theater 2326994259 c689a5f104 o.jpg
Dream Theater actuando en 2011.
Orixe Boston, Massachusetts, Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período 1985 - presente
Xénero(s) metal progresivo
Membros John Petrucci
James LaBrie
Jordan Rudess
John Myung
Mike Mangini
Antigos membros Chris Collins
Charlie Dominici
Kevin Moore
Derek Sherinian
Mike Portnoy
Na rede
www.dreamtheater.net

Dream Theater é un grupo de metal progresivo fundado en Boston, Massachusetts en 1985 baixo o nome de Majesty polo guitarrista John Petrucci, o batería Mike Portnoy, o teclista Kevin Moore, o vocalista Chris Collins e o baixista John Myung, aínda que pouco despois foi renomeado a Dream Theater.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras uns primeiros meses con diferenzas creativas, Collins deixou o seu posto a Charlie Dominici, o cal, trala publicación do disco debut When Dream and Day Unite en 1989, abandonou a banda para ser reemplazado polo canadense James LaBrie, que segue no posto na actualidade. O éxito da formación chegaría co álbum Images and Words (1992), cuxa canción "Pull Me Under" acadaría un oco na programación da MTV, axudando a propagación do metal progresivo polos ámbitos máis comerciais. Este disco permanece como un dos lanzamentos xerme do metal progresivo e o disco máis aclamado dos publicados polo quinteto americano.

Images and Words foi seguido por Awake (1994) un disco máis pesado que tamén alcanzou altas cotas de popularidade, tanto do público como da crítica. Despois da publicación de este álbum, Kevin Moore abandonou o grupo por diferenzas creativas e foi sustituído por Derek Sherinian. O debut deste novo membro aconteceu no EP A Change of Seasons (1995), un traballo de máis dunha hora de música (algo inusual nun EP, que normalmente non sobrepasa a media hora) que contén unha soa canción orixinal ("A Change of Seasons") máis versións de artistas como Deep Purple, Pink Floyd, Queen, Led Zeppelin ou Elton John. A súa continuación foi Falling into Infinity (1997), un traballo máis accesible ao público debido ás presións da nova xente da compañía EastWest, que posuía un contrato discográfico co grupo neoiorquino. Este disco non acadou unha recepción moi positiva polos fans máis tradicionais de grupo, o cal resultou nun fracaso tanto crítica como comercialmente. As posteriores discusións coa discográfica polos malos resultados do disco estivo cerca de rematar a andadura da banda.

En 1997, Magna Carta Records enviou unha invitación a Mike Portnoy para formar un supergrupo co seu compañeiro John Petrucci mais o baixista Tony Levin e o teclista Jordan Rudess. O proxecto, concebido co nome de Liquid Tension Experiment, serviu para que Rudess coñecera a Petrucci e Portnoy, quenes o invitaron a unirse á súa banda. A resposta afirmativa de Rudess significou un novo cambio de membro, e Derek Sherinian formou Planet X.

O primeiro disco con esta nova formación saíu á venta en 1999 co nome de Metropolis, Pt. 2: Scenes from a Memory, derivado dunha canción de Images and Words titulada "Metropolis, Pt. 1". Metropolis foi catalogado como un dos mellores discos da banda tanto pola crítica como polo público. Tras este álbum, a banda embarcouse nunha xira que o levou por una grande cantidade de países, gravando un DVD en directo en Nova York que foi publicado como Metropolis 2000: Scenes from New York.

Catro anos despois de que Dream Theater pedira a EastWest Records gravar un álbum doble, a discográfica cedeu ás pretensións do grupo, que entrou no estudio a gravar Six Degrees of Inner Turbulence. O álbum divídese en dous discos: o primeiro contén cinco cancións de entre cinco e trece minutos, mentres que o segundo contén unha única canción ("Six Degrees of Inner Turbulence") de corenta e dous minutos, a máis larga da discografía do quinteto. O resto do ano, cada uno dos membros do grupo dedicouse a outros proxectos.

Xa en 2003, Dream Theater comezou a gravar o seu sétimo álbum, Train of Thought, que ata hoxe é o seu traballo máis pesado influido por discos como Master of Puppets de Metallica ou The Number of the Beast de Iron Maiden, que o grupo interpretara anteriormente en directo. A crítica alabou novamente este traballo, pero algúns fans sentíronse "traicionados" debido ó xiro da banda cara o heavy metal máis popular naquel tempo. A súa continuación, Octavarium, saíu á venta en 2005 e resultou o segundo álbum máis vendido do grupo na súa traxectoria. O seu último álbum, Systematic Chaos, publicouse en 2007 e foi recibido tépedamente pola crítica, do mesmo modo que Octavarium.

Membros[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dream Theater

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]