Metal progresivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Metal progresivo
Orixes do estilo: rock progresivo, heavy metal, jazz fusion
Orixes culturais: mediados dos 80 en Estados Unidos, Reino Unido e Canadá
Instrumentos típicos: guitarra eléctrica, baixo, percusión, voces
Popularidade: moderado dende o seu inicio, cun pequeno aumento dende mediados dos 90 nos Estados Unidos e Europa
Xéneros de fusións
death metal técnico

O metal progresivo é un xénero musical que fusiona o heavy metal e o rock progresivo, surxido a finais da década dos 80 con grupos como Watchtower, Queensrÿche ou Fates Warning. Queensrÿche foi o primeiro grupo en situar o metal progresivo no panorama musical mundial grazas a popularidade da canción "Silent Lucidity", pero foi Dream Theater a banda que revolucionou o xénero en 1992 coa publicación de Images and Words. Desde entón surxiron moitas fusións entre o metal progresivo e outros subxéneros do heavy metal, como o death metal progresivo (grazas a Opeth, Death ou Cynic), o black metal progresivo (con grupos como Enslaved), o thrash metal progresivo (cuxo máximo exponente foi Voivod, ademais dos mencionados Watchtower) ou o power metal progresivo (Symphony X ou Kamelot).