Djuna Barnes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDjuna Barnes

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1892 Editar o valor em Wikidata
Cornwall-on-Hudson, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xuño de 1982 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Greenwich Village, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaGreenwich Village Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto Pratt
Art Students League of New York (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo París Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , dramaturga , xornalista , escritora , novelista , pintora Editar o valor em Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioLydia Steptoe Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
ParellaThelma Wood (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiHenry Budington (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsSaxon Barnes (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesZadel Barnes Gustafson (pt) Traducir (avoa) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm6377943 IBDB: 5055
Musicbrainz: a22480d5-705a-4278-93e4-92bef3a0bbec Discogs: 1184357 WikiTree: Barnes-14972 Find a Grave: 10352853 Editar o valor em Wikidata


Djuna Barnes, nada en Cornwall-on-Hudson (Nova York) o 12 de xuño de 1892 e finada en Nova York o 18 de xuño de 1982, foi unha escritora estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Cornwall-on-Hudson, unha colonia de artistas de Nova York. Os seus pais, Henry Budington Barnes e Elizabeth Chappel, estudaran violín en Inglaterra antes de casar e divorciáronse en 1913. O seu pai e a súa avoa transmitíronlle un grande aprecio pola arte (o fogar dos Barnes era constantemente frecuentado por grandes artistas como Jack London e Franz Liszt). Non tivo unha educación formal porque o seu pai cría que o sistema público era inadecuado, e por tanto sentía que o ensino no fogar era moito máis beneficiosa. Con 20 anos e mentres estudaba no instituto, comezou a súa carreira como reporteira e ilustradora para o Brooklyn Eagle. A súa nai e a súa avoa encargáronse da súa educación.

Aos 16 anos foi violada, parece ser que por un veciño e co consentimento do seu pai, ou posiblemente polo seu pai mesmo. Mencionou este feito de forma lateral na súa primeira novela Ryder, e máis directamente na súa obra Antiphon. As referencias sexuais explícitas na correspondencia coa súa avoa, coa cal compartiu cama durante anos, suxiren o incesto, pero a avoa Zelda que facía corenta anos que morrera cando se escribiu a obra, quedou fóra das súas acusacións.

Pasou unha longa tempada en París onde levou unha vida bohemia en plena eclosión das vangardas; e percorreu Europa. Os seus últimos 40 anos recluíuse en Nova York. Entre as súas amizades, destacan nomes como Ezra Pound, James Joyce, Gertrude Stein, Robert McAlmon, Natalie Barney, Peggy Guggenheim, Kay Boyle, Eugenio Montale, Elsa von Freytag-Loringhoven ou Janet Flanner en París e E. E. Cummings nos Estados Unidos.

Muller rebelde, desexosa de probar calquera experiencia nova e transgresora da moral burguesa, da política e das convencións artísticas, plasmou a súa vida nas súas obras, nas que aparecen o inconsciente, o onirismo, o lesbianismo, a transgresión e a fascinación.

Obra[editar | editar a fonte]

  • The Book of Repulsive Women: 8 Rhythms and 5 Drawings (1915)
  • Three from the Earth (teatro, 1919)
  • Kurzy from the Sexa (teatro, 1920)
  • An Irish Triangle (teatro, 1921)
  • She Tells Her Daughter (teatro, 1923)
  • A Book (1923)
  • Ladies Almanack showing their Signs and their Tides; their Moons and their Changes; the Seasons as it is with them; their Eclipses and Equinoxes; as well as a full Record of diurnal and nocturnal Distempers, written & illustrated by a lady of fashion (1928)
  • Ryder (1928)
  • A Night Among the Horses (1929)
  • Nightwood (1936)
  • The Antiphon (teatro, 1958)
  • Spillway (1962)
  • Selected Works (1962)
  • Vagaries Malicieux (1974)
  • Creatures in an Alphabet (1982)
  • Smoke and Other Early Stories (1982)
  • I Could Never Be Lonely without a Husband: Interviews by Djuna Barnes (1987)
  • Djuna Barnes's New York (1989)
  • At the Roots of the Stars: The Short Plays (1995)
  • Poe's Mother: Selected Drawings (1996)
  • Collected Stories of Djuna Barnes (1996)