Discóbolo
O Discóbolo[1] é unha escultura[2] realizada por Mirón de Eleuteras ao redor do 455C., que representa a un atleta xusto no intre de guindar un disco.
Hai quen interpreta que a figura representa ao heroe «Hyakinthos» (Xacinto); amado por Apolo, o cal matouno de xeito involuntario cun disco. Despois, co seu propio sangue crearía a flor do mesmo nome. Deste asunto existe un gran cadro, pintado por Giambattista Tiepolo, no Museo Thyssen-Bornemisza de Madrid.
Mirón representa o corpo no intre da súa máxima tensión; ese esforzo non se reflicte con todo no rostro, que amosa só unha feble concentración. A torsión do corpo, é vigorosa, pero ao mesmo tempo armoniosa e delicada. Todo o corpo está botado cara adiante, para producir co abaneo posterior o impulso necesario para poder lanzar o disco.
Como case todas as esculturas gregas, actualmente non subsiste o exemplar orixinal, seguramente realizado en bronce, e a obra coñécese por múltiples copias en mármore talladas en época romana. De entre estas copias que sobreviviron unha das máis famosas é a primeira en ser descuberta na época moderna, na Vila Palombara propiedade da familia Massimo, en 1781. Esta copia é coñecida como Lancelotti. Actualmente atópase no Museo Nazionale Romano de Roma.
Outra copia notable foi descuberta en 1790, e procede da Vila Adriana de Tívoli. Esta escultura é propiedade do Museo Británico dende 1805, onde se atopa á vista do público.
Índice |
Notas[editar]
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Discóbolo no Museo Nacional de Reproducións Artísticas
- Skulpturhalle, Basel (Alemán)
- Discóbolo en Alicante