Diego Salas Pombo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDiego Salas Pombo
Biografía
Nacemento26 de setembro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de abril de 1997 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977
Procurador en Cortes
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971
Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967
Procurador en Cortes
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964
Procurador en Cortes
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961
Procurador en Cortes
14 de maio de 1955 – 14 de abril de 1958
← Tomás Romojaro Sánchez (en) TraducirJesús Posada Cacho (en) Traducir, Alfredo Jiménez-Millas y Gutiérrez →
Procurador en Cortes
14 de maio de 1952 – 13 de abril de 1955
Procurador en Cortes
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952
← Ramón Laporta Girón (en) Traducir
Procurador en Cortes
12 de maio de 1946 – 6 de abril de 1949
Procurador en Cortes
16 de marzo de 1943 – 24 de abril de 1946
Civil governor of Valencia (en) Traducir
Q33393612 Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoFalange Española Tradicionalista y de las JONS Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Diego Salas Pombo, nado en Barcelona o 26 de setembro de 1918 e finado en Madrid o 24 de abril de 1997, foi un avogado, falanxista e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito nas Universidades de Santiago, Oviedo e Madrid e foi mestre. Instalouse na Coruña onde fundou Falange Española e foi o seu Secretario provincial entre 1936 e 1937. Detido na primavera de 1936, cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 alistouse como voluntario e loitou como Alférez de Enxeñeiros no Exército franquista, destinado na Compañía de Radiodifusión e Propaganda. Ao rematar a guerra foi nomeado Inspector Nacional (1939) e despois Secretario Nacional do SEU. En 1941 foi nomeado Xefe Provincial de FET y de las JONS da Coruña, desempeñando o cargo até marzo de 1945, cando foi nomeado Gobernador civil e Xefe Provincial do Movemento de Salamanca (1945-1950) e despois de Valencia (1950-1956). Foi Vicesecretario Xeral do Movemento, Conselleiro Nacional do Movemento e procurador en Cortes (1943-1977). Foi un dos 59 procuradores que votaron en contra da Lei para a Reforma Política o 18 de novembro de 1976. Na transición militou en Falange Española de las JONS ás ordes de Raimundo Fernández Cuesta.

A comezos de agosto de 1954 acompañou como Gobernador civil a unha peregrinación valenciana de máis de cento cincuenta persoas a Santiago de Compostela, con motivo do Ano Santo, presentando unha Ofrenda ao Apóstolo e pronunciando a correspondente invocación.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou coa ferrolá Fuensanta Bruquetas Saurín (1913-2000), irmá do Gobernador civil e Xefe provincial do Movemento de Huelva Carlos Bruquetas Saurín.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]