Demi Lovato
| Profesión: | actriz, cantante |
|---|---|
| País: | |
| Nado en: | 20 de agosto de 1992 |
| Lugar de nacemento: | Dallas, Texas, Estados Unidos |
Demetria Devonne Lovato, coñecida artisticamente como Demi Lovato, nada o 20 de agosto de 1992 en Dallas, é unha actriz e cantante estadounidense.
[editar] Traxectoria
Lovato comezou a actuar aos 6 anos, cando foi elixida en 2002 en Barney & Friends como Angela. Nesa mesma época, Lovato participou nun capítulo de Prison Break, Split Ends e en Just Jordan. En xaneiro de 2007 apareceu na mini-serie de Disney Channel de 5 minutos chamada As The Bell Rings como Charlotte Adams, produción que se estreou o 26 de agosto de 2007. Fíxose máis coñecida no filme de Disney Channel Camp Rock, estreado o 20 de xuño de 2008 nos Estados Unidos. Na serie interpreta o papel de Mitchie Torres.
Tamén é cantante e toca a guitarra desde os 10 anos. Os Jonas Brothers tamén escribiron algunhas cancións do seu álbum de debut. Está en rodaxe o filme Princess protection program, que protagoniza canda a Selena Gomez en Porto Rico.
En febreiro do 2008 estreouse Sonny with a chace, onde Demi interpreta a unha rapaza de 15 anos chamada Alyson "Sonny" Munroe.