Cruceiro Prinz Eugen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Prinz Eugen
PE Atomtest 1.jpg
Historial War Ensign of Germany 1938-1945.svg
Estaleiro Krupp Germaniawerft, Kiel
Clase Clase Admiral Hipper
Tipo cruceiro pesado
Posta en grella 23 de abril de 1936
Botado 22 de agosto de 1938
Asignado 1 de agosto de 1940
Baixa decembro de 1946
Destino remolcado ata o atol Kwajalein para probas de armamento nuclear e afundido en decembro de 1946
Características xerais
Desprazamento 15.000 t
Eslora 212,5 metros
Manga 21,8 metros
Calado 7,2 metros
Blindaxe • Cintura: 70-80 mm
• Torretas: 105 mm
• Cuberta protectora: 20-50 mm
Tripulación 42 oficiais
1.340 mariñeiros
Aeronaves 3 hidroavións Arado Ar 196
Equipamento aeronaves 1 catapulta

O Prinz Eugen foi un cruceiro pesado da clase Admiral Hipper (o terceiro da súa clase) que serviu coa Kriegsmarine alemá durante a Segunda Guerra Mundial. Ao igual que os seus barcos irmáns, Admiral Hipper e Blücher, foi construido a mediados dos anos 30. Durante a etapa de planificación e deseño foi coñecido como "Kreuzer J" (Cruceiro J). A súa quilla foi posta no estaleiro Krupp Germania en Kiel o 23 de abril de 1936, e custou un total de 104,5 millóns de reichsmarks. O Prinz Eugen foi botado o 22 de agosto de 1938 e comisionado o 1 de agosto de 1940. Considerado un "buque afortunado", sobreviviu ao final da guerra (aínda que só participou en dúas grandes accións no mar). O barco afundíuse despois da Operación Crossroads, un ensaio con armas nucleares no atol Bikini en 1946.

Historial operacional[editar | editar a fonte]

Antes do seu despregue o Prinz Eugen sufrira varios danos. O 2 de xullo de 1940 nun bombardeo da RAF sufriu danos menores, e un ano despois, o 23 de abril de 1941, o barco chocou cunha mina magnética.

Operación Rheinübung[editar | editar a fonte]

O 24 de maio de 1941, o Prinz Eugen loitou xunto co Bismarck na Batalla do Estreito de Dinamarca contra o cruceiro de batalla HMS Hood (51)|HMS Hood]], alcanzándoo tres veces e iniciando un gran incendio. Na batalla o Prinz Eugen tamén danou ao acoirazado HMS Prince of Wales, ao cal impactou catro veces. O Hood foi afundido durante o encontro, mentres que o Prince of Wales foi danado gravemente, aínda que conseguiu alcanzar o tanque de combustible dianteiro do Bismarck.

Posteriormente ese día, debido á perda de combustible, o Bismarck viuse obrigado a abandonar a misión de atacar mercantes, polo que o Prinz Eugen separouse para continuar en solitario mentres o Bismarck se dirixía cara Francia. O Prinz Eugen escapou dos barcos británicos que aínda permanecían asexando na zona, e encamiñouse cara o sur para atoparse co petroleiro Spichern e prepararse así para atacar convois mercantes no Atlántico. Despois de ter problemas de motor debido a que os seus condensadores non funcionaban ben nas augas cálidas, o barco dirixiuse cara un porto francés o 29 de maio. Despois de evitar varias unidades pesadas británicas que estiveran buscando ao Bismarck (xa afundido), o Prinz Eugen chegou a Brest o 1 de xuño. O porto foi atacado regularmente polo Mando de Bombardeiros da RAF e, na noite do 1 de xullo, o Prinz Eugen foi alcanzado por unha bomba en babor por detrás da ponte. A bomba estoupou no centro de mando principal da artillería, matando a 60 tripulantes.

Operación Cerberus[editar | editar a fonte]

Despois da perda do Bismarck, Hitler roibiu máis incursións de superficie no Atlántico. Temendo unha invasión aliada de Noruega, quería a todos os seus buques capitais de volta nas augas alemás, Xunto cos acoirazados Scharnhorst e Gneisenau, o Prinz Eugen realizou a Operación Cerberus (a volta a Alemaña) os días 11 e 12 de febreiro de 1942.

O Prinz Eugen deixou Alemaña para ir a Noruega ese mesmo mes, e o 23 de febreiro foi torpedeado polo submarino británico HMS Trident, que destrozou a súa popa. Despois dunhas primeiras reparacións provisionais en Trondheim, o cruceiro regresou a Kiel o 16 de maio para recibir unha nova popa. O Prinz Eugen non estivo operativo novamente ata xaneiro de 1943. Dous intentos de trasladalo a Noruega, onde podería ameazar aos convois aliados, fallaron e finalmente foi asignado a labores de adestramento en augas alemás.

Despregue no Báltico[editar | editar a fonte]

Dende agosto de 1944 en diante, o Prinz Eugen foi despregado para bombardear a concentración de tropas do avance soviético nas costas do Báltico, e para transportar refuxiados alemáns cara o oeste. O 15 de outubro, colisionou co cruceiro lixeiro Leipzig entre a densa brétema do mar Báltico, e estivo a piques de partir ao pequeno barco en dous. Durante 14 horas os dous barcos estiveron á deriva encaixados, ata que puideron ser separados. O Prinz Eugen foi reparado en Gotenhafen (actual Gdynia) e continuou os seus labores de bombardear ás forzas de terra soviéticas durante o sitio de Danzig, e evacuando refuxiados alemáns. O 29 de marzo de 1945 deixou Gotenhafen por última vez cunha carga de refuxiados, chegando a Swinemünde o 8 de abril. O barco entón partiu cara Copenhagen, a onde chegou o 20 de abril. A falta de combustible fixo que non volvese a sair do porto novamente.

Despois da guerra[editar | editar a fonte]

Rendición[editar | editar a fonte]

Hélice de babor do Prinz Eugen en Laboe

Ao final da guerra, era un dos dous únicos cruceiros alemáns operativos (o outro era o cruceiro lixeiro Nürnberg), e rendeuse ás forzas británicas en Copenhagen o 8 de maio de 1945. O 26 de maio o Prinz Eugen deixou esta cidade co Nürnberg, e navegou cara Wilhelmshaven escoltado polos británicos. O Prinz Eugen chegou o 28 de maio, quedando no dique seco ata decembro dese ano. O 5 de xaneiro de 1946 o barco foi entregado á Armada dos Estados Unidos.

USS Prinz Eugen[editar | editar a fonte]

O buque foi comisionado á Armada estadounidense e pasou a designarse USS Prinz Eugen (IX-300). O seu enorme sónar pasivo GHG foi retirado e instalado no submarino USS Flying Fish para realizar probas. Hai añgunhas evidencias de que o interese dos estadounidenses polos amplificadores magnéticos incementáronse novamente despois dos achádegos nas investigacións do sistema de control de fogo do Prinz Eugen. Despois das exploración e as probas, foi asignado á frota que sería obxectivo nas probas de bombas atómicas da Operación Crossroads. O barco sobreviviu ás probas "Able" e "Baker", realizadas en xullo de 1946, pero a radioactividade impediu que se reparasen as fugas producidas. En setembro de 1946 foi remolcado ao atol Kwajalein e afundíuse o 22 de decembro dese ano sobre os arrecifes Enubuj, onde permanece ata a actualidade. No ano 1978, a súa hélice de babor foi rescatada e consérvase no Memorial Naval Alemán en de Laboe. Parte dos seus restos eran aínda visibles por riba da auga no ano 2010.

Antes das probas atómicas, a campá do barco foi retirada polos mariñeiros estadounidense. Na actualidade a campá no Museo da Armada situado en Washington D.C.