Cortes de Castela e León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hemiciclo das Cortes de Castela e León

As Cortes de Castela e León (en castelán: Cortes de Castilla y León) son o órgano lexislativo da comunidade autónoma de Castela e León. Os seus membros chámanse procuradores e o seu cometido é o de representar aos cidadáns casteláns e leoneses. Son elixidos por sufraxio universal, libre, directo e segredo. A súa sede está situada na Praza das Cortes de Castilla e León, 1, Valladolid.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1983, coa aprobación do Estatuto de Autonomía de Castela e León, constitúense como órgano lexislativo, sendo elixido de xeito democrático. Inicialmente a sede era o castelo de Fuensaldaña.

Composición[editar | editar a fonte]

O número de Procuradores electos para a VIII Lexislatura é de 84. A distribución é a seguinte:

Eleccións 2011
Partido Votos % Escanos Dif.
Partido Popular (PP) 51,59 53 +5
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 29,61 29 -4
Esquerda Unida de Castela e León (IUCyL) 4,89 1 +1
Unión del Pueblo Leonés (UPL) 1,85 1 -1

Competencias[editar | editar a fonte]

Vista exterior das Cortes.

As Cortes son as encargadas de elixir ao Presidente da Comunidade Autónoma de entre os seus membros. O Presidente exerce o poder executivo e nomea o Goberno da Junta.

As atribucións das Cortes segundo o Estatuto de Autonomía son, entre outras:

  • Exercer o poder lexislativo da Comunidade.
  • O control do Goberno da Junta e do seu Presidente.
  • A aprobación dos Orzamentos.
  • A elección do Presidente da Junta.
  • Designar aos Senadores que son elixidos de forma indirecta correspondentes á Comunidade.
  • Impoñer e recadar tributos.

Sede[editar | editar a fonte]

Sede inicial das Cortes.

Ata a VI lexislatura (2003-2007), tiveron a súa sede provisional no Castelo de Fuensaldaña, en Fuensaldaña, nas inmediacións de Valladolid. Co arranque da VII lexislatura entra en funcionamento a nova e definitiva sede das Cortes na cidade de Valladolid, obra do arquitecto granadino Ramón Fernández Alonso e executada polos arquitectos vallisoletanos Leopoldo Cortejoso García e Juan Antonio Coronado Sierra e situada no complexo Villa del Prado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cortes de Castela e León