Unión del Pueblo Leonés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unión del Pueblo Leonés (UPL)
Partido político do País Leonés
Dirixentes e organización
Líder Javier Chamorro
(Presidente)
Melchor Moreno
(Secretario Xeral)
Historia
Fundación 1986
Posicións políticas
Ideoloxía Leonesismo
Outros datos
Páxina web www.upl.es/

Unión del Pueblo Leonés é un partido político español de carácter leonesista que arela conseguir que León, Zamora e máis Salamanca, (provincias integrantes do denominado País Leonés, e correspondentes ao antigo Reino de León e na división territorial de 1833) formen unha comunidade autónoma propia.

O xerme naceu co a Unión Leonesista (UNLE), organización política creada no ano 1986, por un grupo de persoas procedentes de movementos leonesistas e de partidos políticos estatais (AP, UCD, PSOE ou o PSP), que crían que a integración da rexión de León na comunidade de Castela e León suporía a fin do Antigo Reino.

A unión da UNLE con outros seis grupos leonesistas, en febreiro do 1991, orixinou a nacemento oficial da UPL, sob o liderado de José María Rodríguez de Francisco, até entón concelleiro independente no Concello de León.

No 2003, a Unión del Pueblo Leonés atinxiu un aumento en votos e concelleiros, mais reduciu a súa representación na corporación da cidade de León, que gobernara en coalición co Partido Popular. A UPL pasou naquela altura a apoiar nese concello ao Partido Socialista Obrero Español, en prexuízo do Partido Popular, encabezado por Mario Amilivia.

Outramente apresentouse, por vez primeira, na provincia de Zamora, obtendo, con maioría absoluta, o goberno en cinco municipios, e mesmo o doutros, mercé o apoio doutras formacións; o balance total foi de máis de 50 concelleiros eleitos de UPL, o que o converteu na terceira forza desa provincia.

Porén, a posibilidade de ter en España un presidente de goberno leonés, o socialista José Luis Rodríguez Zapatero, afectou o electorado leonesista, polo que nas eleccións xerais do 14 de marzo de 2004, o partido acadou uns resultados modestos.

Con todo, a UPL conta con cerca de catro mil afiliados, e a expansión da mesma espallouse noutras provincias, que contan na actualidade con comité propio, así en Zamora, Salamanca e Madrid.

En xuño de 2006, sendo secretario Abel Pardo Fernández, asinouse, en Salamanca, un acordo co partido Unión del Pueblo Salmantino e máis a organización de mocedade Conceyu Xoven, para presentarse conxuntamente nas eleccións municipais de 2007, polo que por primeira vez na súa historia terá candidaturas en toda as provincias do País Leonés.

Resultados electorais[editar | editar a fonte]

Locais[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de 2003, a UPL obtivo 45.791 votos (2,95% dos votos de toda Castela e León) que se traduciron en 230 concelleiros, Nos comicios de 2007, acadaron 32.004 votos na provincia de León, o 2,13%, e 163 edís. [1] Tres destes foron en León, dous menos que no 2003, mais onde posuían a chave da alcaldía, tren en Sahagún, un en Astorga e 4 en Villaquilambre, onde perdían a maioría absoluta. En Zamora, a coalición ZU-UPL obtivo 2.186 votos e 27 concelleiros.[2] Na lexislatura 2003-2007, a UPL dispuxo de dous deputados na Deputación Provincial de León, que mermarían en un nas elección do 2007.[3]

Nas eleccións autonómicas[editar | editar a fonte]

Nesta táboa amósanse os resultados da Unión del Pueblo Leonés nas elección autonómicas do 2003 e 2007:

Resultados electorais leonesistas nas eleccións autonómicas
Circunscripción 2003 2007
Votos % Procuradores Votos % Procuradores
León 56.136 18,13 2 40.296 13,60 2
Zamora 3.921 3,06 0 686 0,56 0
Salamanca - - 0 - - 0
Total 60.057 9,14 2 40.982 6,49 2

Nas eleccións xerais[editar | editar a fonte]

Nas eleccións xerais españolas de 2008, a UPL presentouse só en León, obtendo 4.314 votos (1,34% da circunscrición leonesa), unha considerable mingua con respecto aos resultados das xerais anteriores, nos que conseguira 13.406 votos en León (4% da circunscrición) e 754 en Zamora, onde si se presentara. [4] Os resultados no Senado foron levemente maiores, situándose entre 7.870 e 6.165 votos.[5]

Notas[editar | editar a fonte]