Convenio sobre a diversidade biolóxica
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado co dereito é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados co dereito que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
O Convenio sobre a diversidade biolóxica foi adoptado o 22 de maio de 1992 en Nairobi. Posteriormente, o 5 de xuño de 1992 e dentro da Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento (CNUMAD), que tivo lugar en Río de Xaneiro, Brasil, máis de 150 países asinaron este convenio xunto coa Convención Marco das Naciones Unidas sobre o Cambio Climático (UNFCCC). Constitúe un dos instrumentos ambientais internacionais máis importantes que entrou en vigor o 29 de decembro de 1993.
Está coidadosamente equilibrado, vinculando xurídicamente ás partes e á consecución dos seus tres obxectivos principais que son os seguintes, mencionados todos eles no primeiro artigo:
- Conservación da diversidade biolóxica.
- Utilización sostible dos componentes de dita diversidade biolóxica.
- Participación xusta e equitativa nos beneficios derivados da utilización dos recursos xenéticos.
Índice |
[editar] Partes
O Convenio sobre a diversidade biolóxica foi asinado por 190 Estados parte, dos cales 168 o ratificaron[1], incluída España que o ratificou o 16 de novembro de 1993[2], e onde entrou en vigor tamén o 29 de decembro de 1993.
[editar] Obxecto
O Convenio aborda a diversidade biolóxica de xeito integral, definíndoa no artigo 2 como:
Un dos avances máis importantes foi o recoñecemento por vez primeira de que a conservación da biodiversidade é un interese común, é dicir, de toda a humanidade, e unha parte importante no proceso de desenvolvemento do planeta, no que a muller desempeña unha importante función polo que debe participar plenamente na formulación e execución das políticas e medidas de conservación.
Ademais, o Convenio propón regras para asegurar o uso sustentábel da biodiversidade, unha distribución xusta dos beneficios procedentes do uso de recursos xenéticos, a expansión da biotecnoloxía, acceso á transferencia da tecnoloxía, avaliación do impacto ambiental, subministro de recursos financeiros...
[editar] Funcionamento
Para o seu funcionamento, o convenio prevé a existencia dos seguintes órganos:
- Conferencia das Partes (COP): Reúne aos representantes dos Estados Partes xunto coas ONGs, as Nacións Unidas, os seus organismos especializados e calquera Estado que non sexa Parte no Convenio, sendo o máximo órgano do mesmo.
- As súas funcións se atopan definidas no artigo 23.4 do Convenio puidendo resaltar as seguintes: Examina a aplicación do convenio, pode establecer grupos de traballo, examinará e adoptará protocolos, enmendas e anexos adicionais ao Convenio, establecerá órganos de asesoramento científico e técnico, aproba os orzamentos. As decisións no seo da Conferencia se adoptan por consenso. A Conferencia se reúne ordinariamente cada dous anos (inicialmente era cada ano, pero desde 1998, as reunións ordinarias son cada dous anos) e extraordinariamente cando o soliciten, polo menos, un terzo, das Partes.
- A Secretaría Executiva: Inicialmente se fixou en Xenebra, Suíza. Porén, dende 1996, foi trasladada a Montreal, Canadá. A Conferencia designou ao Programa das Nacións Unidas para o medio ambiente (PNUMA) como a organización internacional competente para exercer as funcións da Secretaría.
- Órgano subsidiario de asesoramento científico, técnico e ecolóxico (SBSTTA): Trátase dun órgano composto por representantes gubernamentais, ONGs e observadores, que se reúne anualmente co fin de proporcionar informes, avaliacións científicas e técnicas e asesoramento sobre tecnoloxías e programas científicos á Conferencia.
- Grupos de traballo: Integrados por representantes e expertos designados polos gobernos, teñen como finalidade elaborar directrices para aplicar disposicións do Convenio en materias específicas. Na actualidade, hai tres grupos:
- Grupo de Traballo en Acceso a Recursos Xenéticos e Distribución de Beneficios (WG-ABS): Co fin de implementar as disposicións asociadas ao acceso a recursos xenéticos e distribución de beneficios dos artigos 15, 16, 19 e 22.
- Grupo de Traballo sobre o Artigo 8.(j) e Disposicións Conexas (WG-8j): Outorga protección as prácticas das comunidades indíxenas e locais.
- Grupo de Traballo sobre a Revisión da Implementación do Convenio (WG-RI): Creado no ano 2004 co fin de avaliar os resultados conseguidos na aplicación do Convenio e os logros que conduzan ao obxectivo de 2010.
[editar] Aplicación na UE
A UE aprobou a aplicación do Convenio mediante a Decisión do Consello de 25 de outubro de 1993, relativa á celebración do Convenio sobre a diversidade biolóxica[3].
Co obxectivo de aplicar o artigo 6 do Convenio, a UE[4] o 4 de febreiro de 1998 aprobou un plan con medidas xerais para impulsar a conservación e a utilización sostíbel da biodiversidade.
O Proceso de Cardiff, iniciado en 1998, ofrece un mecanismo para a integración dos factores medioambientais en sectores clave da política da UE. No ano 2001 se iniciaron catro importantes Planes de acción de biodiversidade, sobre a conservación dos recursos naturais, agricultura, pesca e cooperación económica e desenvolvemento. Nese ano, os Xefes de Estado e de Goberno aprobaron en Gotemburgo (Suecia) unha estratexia de desenvolvemento sostíbel: Deter o declive da biodiversidade na UE en 2010.
Rede Natura 2000: Se coñece con este nome a participación da UE na rede global de áreas protexidas (terrestres e mariñas) que poidan ser xestionadas de forma eficaz e que se establecera no ano 2004 como un programa de traballo da Conferencia. Se basea na Directiva europea de Hábitats (1992) que esixía o establecemento de ZEC (zonas especiales de conservación) e na Directiva europea de Aves (1979) que esixía o establecemento de ZPE (Zonas de protección especial), co fin de incorporar os lugares máis destacados de Europa en canto a biodiversidade e garantir a conservación das especies e dos hábitats.
[editar] Curiosidades
As Nacións Unidas fixaron o 22 de maio como o día Internacional da biodiversidade[5]
[editar] Notas
- ↑ Lista de Estados Parte (en inglés)
- ↑ Instrumento de ratificación de 16 de novembro de 1993 do Convenio de 5 de xuño de 1992 sobre a diversidade biolóxica feito en Río de Xaneiro
- ↑ Decisión 93/626/CEE do Consello relativa á celebración do Convenio sobre a diversidade biolóxica
- ↑ Documento en Pdf da aplicación na UE
- ↑ Celebración oficial da biodiversidade
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Glowka, Lyle, Burhenne-Guilmin, Françoise e Synge, Hugh. (1996), Guía del convenio sobre la Diversidad Biológica (ver fragmentos do libro), The World Conservation Union (IUCN). ISBN 2831702755.
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Texto do convenio en pdf. (en castelán)
- Páxina web do Convenio sobre a diversidade biolóxica, en español e inglés
- The Biosafety Clearing-House (BCH) web site, an "information exchange mechanism" established by the Cartagena Protocol on Biosafety under the CBD (en inglés)
- Global Biodiversity Outlook 2 a publication of the Secretariat of the Convention on Biological Diversity. Reviews trends in biodiversity loss and responses developed under the Convention. (en inglés)
- Biodiversity Synthesis Report (PDF) by the Millennium Ecosystem Assessment (MA, 2005) responds to CBD information requests (en inglés)
- COHAB Initiative Biodiversity, the CBD and the Millennium Development Goals (en inglés)
- 'Terminator' seed technology and the Convention on Biological Diversity - Kootenay Co-op Radio's Deconstructing Dinner (en inglés)
- Panos London | Seeds of Change this non-profit organisation, which works with the media to stimulate debate on key global issues, is taking African journalists to Brazil to report from CBD8 (en inglés)