Comarca de Zaragoza
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Delimitación Comarcal de Zaragoza está situada na parte central da provincia de Zaragoza, e aínda non está constituída formalmente.
- Capital: Por estabelecer (aínda que se asume que é Zaragoza).
- Superficie: 2.288,8 km²
- Poboación: 702.662 habitantes
- Municipios: Alfajarín, Botorrita, El Burgo de Ebro, Cadrete, Cuarte de Huerva, Fuentes de Ebro, Jaulín, María de Huerva, Mediana de Aragón, Mozota, Nuez de Ebro, Osera de Ebro, Pastriz, La Puebla de Alfindén, San Mateo de Gállego, Utebo, Villafranca de Ebro, Villamayor de Gállego, Villanueva de Gállego, Zaragoza e Zuera.
Limita ao norte coa Hoya de Huesca e as Cinco Villas, ao oeste coa Ribera Alta del Ebro e o Valdejalón, ao este coa Ribera Baja del Ebro e Los Monegros e ao sur co Campo de Cariñena e o Campo de Belchite.
Está formada principalmente pola cidade de Zaragoza e os concellos da súa área metropolitana. Na comarca viven o 54% da poboación aragonesa. Case a metade da súa superficie é ocupada polo termo municipal da capital e a súa economía baséase na industria e os servizos.