Aranda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización da comarca en Aragón.
Concellos da comarca.

Aranda é unha comarca de Aragón, en España, situada no oeste da provincia de Zaragoza. A súa capital é Illueca.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita ao norte coa comarca de Tarazona y el Moncayo e o Campo de Borja, ao oeste coa provincia de Soria, ao sur e ao leste coa Comunidad de Calatayud e co Jalón Medio. Por esta comarca traviesan os ríos Aranda e Isuela.

Concellos[editar | editar a fonte]

Concello Extensión
(km²)
Poboación (2009)
(hab.)
Densidade
(hab./km²)
Aranda de Moncayo 91,30 223 2,52
Brea de Aragón 13,20 1.897 141,82
Calcena 65,00 50 0,83
Gotor 15,60 391 25,13
Illueca 24,90 3.381 131,7
Jarque 42,90 546 12,84
Mesones de Isuela 48,55 318 6,55
Oseja 12,48 51 4,08
Pomer 33,15 38 0,94
Purujosa 35,50 48 1,35
Sestrica 40,80 406 9,95
Tierga 66,10 189 2,81
Trasobares 70,70 158 2,23
560,18 7.696 13,74


Economía[editar | editar a fonte]

A industria céntrase na produción de calzado en Illueca e Brea de Aragón, onde tamén se concentra a maioría da poboación.

Cultura[editar | editar a fonte]

Entre o seu patrimonio destaca o castelo do Papa Luna en Illueca e o castelo de Mesones de Isuela, unha fortaleza do século XV.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aranda Modificar a ligazón no Wikidata