Comarcas de Aragón
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Desde que Aragón é unha comunidade autónoma, houbo 2 comarcalizacións do seu territorio, con importantes diferenzas entre ambas. A actualmente vixente fíxose oficial en 1999.
A continuación na seguinte lista enuméranse as comarcas da comunidade autónoma de Aragón ordenadas de oeste a leste e de norte a sur e comezando pola comarca máis noroccidental, a Jacetania. Engádense os datos relativos á extensión en quilómetros cadrados, poboación total, poboación relativa (densidade), capitais comarcais, provincias en que se sitúan e un mapa comarcal de Aragón.