Cohiba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cohiba
Tipomarca rexistrada
Data de fundación1966
Na rede
http://www.habanos.com/es/marcas/cohiba
editar datos en Wikidata ]

Cohiba é unha marca de cigarros puros cubanos. Adoita obter as puntuacións máximas nas competicións internacionais. Cohiba foi orixinalmente unha marca privada que subministraba exclusivamente a Fidel Castro e a altos cargos do goberno cubano e oficiais do partido comunista. A miúdo ofrecidos como regalo diplomático, a marca Cohiba desenvolveu un status de "culto". Foi lanzada comercialmente para a venda ao público en 1982.

Historia[editar | editar a fonte]

A marca Cohiba naceu en 1966, adquirindo fama rapidamente a partir do rexistro da marca en 1969, sendo o seu nome moi antigo. Xa en 1492 os primeiros poboadores da illa de Cuba coñecían e empregaban a planta do tabaco e chamaban Cohiba ao rolo rústico da solanácea que fumaban.

O tabaco destinado á elaboración do Cohiba é moi especial. Medra a plenitude unicamente en certas veigas finas, escollidas na zona de Vuelta Abajo, na provincia de Pinar del Río.

A marca de fábrica estaba orixinalmente reservada para o uso diplomático exclusivamente. En 1982, tres tipos de Cohibas foron introducidos aos non-diplomáticos: os Lanceros, os Coronas Especiales e os Panatelas. Tres novas marcas foron agregadas aos Cohibas en 1989: os Esplendidos, os Robustos e os Exquisitos. Estes últimos son coñecidos como "a liña clásica". Vitais para Cohiba foron os cinco agregados en 1992, creando así o que se coñece como a "Liña 1492". Estes foron: o "Siglo I", "II", "III", "IV" e "V".

Comercialización[editar | editar a fonte]

O Cohiba comercialízase en España, Francia, Suíza, Gran Bretaña, Benelux, Hong Kong, México, Arxentina, Alemaña, Canadá, Colombia, Venezuela, Brasil, o Caribe, África e Oriente Medio.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Bati, Anwer - The Cigar Companion (1997, Reimpreso: 1998-2000, 2003), ISBN 1840924136.
  • LeRoy, Bernard e Maurice Szafran - The Illustrated History of Cigars (Londres: Harold Starke, 1993), ISBN 187245710X.
  • Nee, Min Ron - An Illustrated Encyclopaedia of Post-Revolution Havana Cigars (2003, Reimpreso: 2005), ISBN 3-9809308-2-3.
  • Perelman, Richard B. - Perelman's Pocket Cyclopedia of Cigars, Terceira edición (2005), ISBN 1-893273-06-7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]