Puro
Un puro ou cigarro é un paquete firmemente enrolado de tabaco secado e fermentado, liado sen papel. Acéndese por un dos extremos para poder introducir o seu fume dentro da boca do fumador a través do outro extremo.
O tabaco de puro medra en cantidades significativas en nacións como Brasil, Camerún, Cuba, República Dominicana, Honduras, Indonesia, México, Nicaragua e Estados Unidos.
Os puros fabricados en Cuba considéranse dunha calidade inigualable, aínda que moitos expertos cren que as mellores colleitas de Honduras, Nicaragua e San Andrés Tuxtla, en México, rivalizan cos cubanos. Se lles coñece habitualmente como Habanos. A reputación cubana preséntase tanto polas características únicas da rexión de Vuelta Abajo, na provincia de Pinar del Río, ao Oeste da illa, onde un microclima permite o cultivo de tabaco de alta calidade; como pola habilidade dos fabricantes cubanos do puro.