30 Seconds to Mars
| 30 Seconds to Mars | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Los Angeles, California, Estados Unidos |
| Período | 1998 - actualidade |
| Xénero(s) | hard rock, metal alternativo, metal progresivo |
| Selo(s) discográfico(s) | EMI, Virgin, Immortal |
| Membros | Jared Leto Tomo Miličević Shannon Leto |
| Antigos membros | Matt Wachter Solon Bixler Kevin Drake |
| Web oficial | 30secondstomars.com |
30 Seconds to Mars é unha banda estadounidense de rock alternativo procedente de Los Angeles, formada no ano 1998 e liderada polo actor Jared Leto. Completan a formación o irmán de Jared Shannon Leto e Tomo Miličević.
Índice |
Historia
Creada en 1998 por Jared Leto e o seu irmán Shannon, 30 Seconds to Mars comezou a súa andaina como un pequeno proxecto familiar. As cousas comezaron a andar rápido e Matt Wachter uníuse á banda como baixista e teclista. Despois de que pasasen dous guitarristas pola banda, os tres fixéronlle unha audición a Tomo Miličević para completar a formación.
O nome da banda está sacada dunha tese escrita por un antigo mestre de Harvard. Un dos capítulos tiña o título thirty seconds to mars ("trinta segundos a marte") e fala sobre o rápido desenvolvemento da tecnoloxía que pon á humanidade a trinta segundos de marte.
Malia que Leto é un famosos actor de Hollywood, orixinalmente prefería non usar esa información para promocionar á banda, e de feito a banda adoitaba rexeitar tocar en locais onde usasen esa fama para promocionaren os concertos.
O primeiro álbum de 30 Seconds to Mars, co mesmo nome que a banda, foi editado no ano 2002. O seu segundo traballo, A Beautiful Lie, editouse o 30 de agosto do 2005.
O 31 de agosto do 2006 a banda gañou o premio MTV2 Award por The Kill nos MTV Video Music Awards, unha das súas dúas nominacións. A outra nominación foi para o mellor video de rock, premio que acabaría sendo para Miss Murder de AFI.
En outubro a banda comezou a súa xira Welcome to the Universe, patrocinada pola MTV2. Na mesma foron acompañados polas bandas Head Automatica, The Receiving End of Sirens, Cobra Starship e Rock Kills Kid entre outras. O 20 de novembro a MTV2 estreou o video de "From Yesterday"; sendo o primeiro video de rock estadounidense gravado enteiramente na República Popular de China.
O 29 de abril do 2007 a banda actuou nos MTV Australia Video Music Awards, onde fora nomeada para tres premios, gañando finalmente os galardóns ao "Mellor video de rock" e "Video do ano" por "The Kill".
Discografía
Álbums
- 30 Seconds to Mars - 2002 (Immortal/Virgin).
- A Beautiful Lie - 2005 (Immortal/Virgin).
- This Is War - 2009 (EMI/Virgin).
Sinxelos
- "Capricorn (A Brand New Name)" - 2002.
- "Edge of the Earth" - 2002.
- "Attack" - 2005.
- "The Kill" - 2006.
- "From Yesterday" - 2006.
- "A Beautiful Lie" - 2007.
- "Kings and Queens" - 2009.
- "This Is War" - 2010.
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
|||||||||||||||||