Flood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flood
Nome completo Mark Ellis
Naceu 16 de agosto de 1960 (53 anos)
Orixe Londres, Inglaterra Inglaterra
Ocupación (s) produtor, enxeñeiro de son
Tempo en activo 1978 - actualidade

Flood (nado o 16 de agosto de 1960 en Londres) é o pseudónimo profesional do produtor británico de post-rock e rock alternativo e enxeñeiro de son Mark Ellis. A longa lista de traballos de Flood inclue proxectos con artistas como U2, Nine Inch Nails, Depeche Mode, Erasure, Nick Cave, PJ Harvey, Sigur Rós, The Smashing Pumpkins ou The Killers entre moitos outros. Coproduciu traballos ao lado de produtores como Brian Eno, Daniel Lanois, Steve Lillywhite, e o seu colaborador durante moito tempo Alan Moulder, co cal co-fundou o complexo de estudios Assault & Battery.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Na súa infancia asistiu ao St Olave's Grammar School en Orpington, Inglaterra. Comezou a súa carreira musical como vocalista da banda Seven Hertz e entre 1978 e 1979 foi baixista da banda de mod revival The Lambrettas. Nese tempo comezou a súa carreira profesional no estudio nos Morgan Studios de Londres. Ellis tamén traballou nos Battery Studios da mesma cidade e foi aprendiz nos Marcus Studios e nos Trident Studios.

Flood ascendeu a enxeñeiro de son antes de adicarse a traballar como freelance en 1981, o mesmo ano que traballou como axudante no álbum de estrea de New Order, Movement. En 1982 foi o técnico do primeiro álbum de Ministry, With Sympathy. Nese momento a súa figura comezou a reacionarse co selo de Stevo Pearce Some Bizzare Records, levándoo a traballar con Cabaret Voltaire, Psychic TV e os proxecto paralelo de Marc Almond, Marc and the Mambas, entre outros.

Despois da súa etapa con Some Bizzare Records, Flood comezou a traballar como principal produtor de Mute Records, sendo o seu primeiro proxecto de produción real con Nick Cave and the Bad Seeds, no seu disco From Her to Eternity, producindo tamén o seu sucesor The Firstborn Is Dead. O seu traballo en Mute foi como produtor, co-produtor ou enxeñeiro dos principais artistas da etiqueta, entre os que estaban Depeche Mode, Vince Clarke e Erasure.

Éxito comercial[editar | editar a fonte]

O primeiro éxito comercial de Flood chegaría en 1987 cando foi o enxeñeiro de son no disco de U2 The Joshua Tree, producido por Brian Eno e Daniel Lanois. Pouco despois co-produciu a estrea de Nine Inch Nails, Pretty Hate Machine, ao lado de John Fryer, Adrian Sherwood e Keith LeBlanc. Tamén traballou con Depeche Mode no seu disco máis exitoso ata a data, Violator. En 1991 volveu a traballar con U2, desta vez no seu álbum Achtung Baby, cos produtores Brian Eno, Daniel Lanois e Steve Lillywhite. En 1992 gravou o álbum de Depeche Mode Songs of Faith and Devotion e co-produciu tres cancións do EP de Nine Inch Nails Broken.

En 1993 Flood pasou de gravar álbums de U2 a producilos, compartindo esta tarefa con Brian Eno en Zooropa. En 1994 traballou novamente con Nine Inch Nails, desta vez no seu disco The Downward Spiral. En 1995 co-produciu o traballo de The Smashing Pumpkins Mellon Collie and the Infinite Sadness co seu colaborador Alan Moulder, e o álbum de PJ Harvey To Bring You My Love. Pouco despois axudou ao produtor Nellee Hooper no disco de Sneaker Pimps Becoming X. Tamén colaborou con Dave Bessell, Gary Stout e Ed Buller para crear Node, que editou un único álbum, Node.

No ano 1996 Flood produciría o traballo de U2 Pop, editado o ano seguinte. En 1997 axudou a Billy Corgan e a Brad Wood no álbum de The Smashing Pumpkins Adore, e co-produciu o de PJ Harvey Is This Desire?.

Anos 2000[editar | editar a fonte]

No ano 2000 co-produciu Machina/The Machines of God de The Smashing Pumpkins con Billy Corgan, e Loveboat de Erasure con Vince Clarke e Andy Bell. O ano seguinte traballou novamente con Depeche Mode, remesturando a versión para o sinxelo de "Freelove". No ano 2002 encargaríase da produción do disco de Echoboy Giraffe. Tamén co-produciría I To Sky, de JJ72.

No 2003 Flood remesturou o tema "Cars" para o álbum de Gary Numan Hybrid. A ano seguinte produciu o disco de estrea dos londinenses The Duke Spirit, Cuts Across The Land. Nese mesmo ano tamén co-produciu o traballo de U2 How to Dismantle an Atomic Bomb. A mediados do 2005, mesturou o oitavo álbum de a-ha, Analogue. Ese mesmo ano produciu Any Minute Now de Soulwax e posteriormente o álbum Meds de Placebo.

Flood co-produciu o álbum de The Killers Sam's Town no 2006, ao lado do seu compañeiro Alan Moulder, e posteriormente ese ano remesturou o sinxelo de estrea de Dark Room Notes, "Love Like Nicotine". A comezos do 2007 co-produciría o traballo de PJ Harvey White Chalk, con John Parish e PJ Harvey. Tamén se encargaría de co.producir un par de temas do álbum de Goldfrapp Seventh Tree, que foi lanzado en febreiro do 2008. Entre inais do 2007 e e principios do 2008 Flood produciu o disco de Sigur Rós Með suð í eyrum við spilum endalaust en Islandia.

Flood e Paul Hartnoll de Orbital co-produciron no 2008 o álbum de The Music Strength In Numbers. Ese ano uníuse novamente a Steve Lillywhite para traballar con 30 Seconds to Mars en This Is War. No 2009 encargouse da produción do traballo de The Hours, See the Light. Taballou con Editors en In This Light and On This Evening, editado en outubro do 2009 e tamén colaborou con Nitzer Ebb para rematar o seu novo álbum de estudio en máis dunha década, Industrial Complex. NO ano 2010 produciría Belong de The Pains of Being Pure at Heart e Let England Shake de PJ Harvey.

Estudios[editar | editar a fonte]

Flood tiña un estudio en Kilburn chamado The Bedroom. Posteriormente abríu o complexo de estudios Assault & Battery co seu compañeiro Alan Moulder. No ano 2008 Miloco Studios abríu Assault & Battery 2, un estudio de secuenciación e mestura en Willesden Green. Assault & Battery 1 pasou a formar parte de Miloco no verán de 2009, e tanto Flood como Moulder seguiron formando parte dos estudios.