Clima da Península Ibérica
O clima da Península Ibérica é moi variado debido á súa posición latitudinal e polas características propias do territorio. A península Ibérica está situada nun lugar destacado dentro da circulación xeral atmosférica que non permanece estática senón que existen diferentes movementos de norte a sur, segundo a estación climática. Na península ten influencias diferentes masas de aire que van ter unhas características propias habendo frías ou cálidas e húmidas e secas. A península atópase nunha zona tépeda, non tendo características climáticas homogéneas ao ser zonas de mestura entre zonas de aire cálido e zonas de aire frío (subtropicales e polares).
A variada orografía así como a súa situación xeográfica, en latitudes medias da zona tépeda do hemisferio Norte, fai que o país teña unha notable diversidade climática. Así pasamos de lugares con suaves temperaturas, ao redor dos 15ºC, a outros que superan os 40°C, sobre todo no verán, e de sitios onde as precipitacións non superan os 150 mm, a outros que rexistran máis de 2500 mm anuais.
Índice |
Os distintos climas [editar]
Tradicionalmente, clasificáronse catro grandes climas peninsulares: oceánico, mediterráneo (con algunhas variacións), subtropical e de montaña. Cada un inflúe nun área xeográfica claramente delimitada.
Clima oceánico [editar]
O clima oceánico, tamén chamado atlántico, este clima esténdese por todo o norte e noroeste da Península, desde os Pireneos ata Galicia. Caracterízase pola abundancia de choivas, que adoitan superar os 1000 mm, repartidas de xeito regular ao longo do ano. Por esa razón, a paisaxe é moi verde. As temperaturas adoitan ser suaves debido á proximidade do mar: no inverno oscilan entre oscilan os 12°C e os 15ºC e no verán roldan os 20-25°C.
Clima mediterráneo [editar]
O clima mediterráneo é o que predomina en España, xa que estende ao longo de todo o litoral mediterráneo, o interior da Península e o arquipélago balear. Con todo, existen considerables diferenzas entre unhas zonas e outras, o que dá lugar a tres subdivisións:
- O clima mediterráneo típico. Abarca gran parte da costa do mesmo nome, algunha zonas do interior, Ceuta, Melilla e Baleares. As choivas son irregulares, entre os 400 mm e os 700 mm anuais, e concéntranse especialmente no outono e primavera. Os invernos son curtos e suaves mentres que os veráns son longos e calorosos. A temperatura media anual rolda entre os 15°C e os 18°C.
- O clima mediterráneo continentalizado. Localízase na Meseta, a depresión do Ebro e parte do Guadalquivir. Caracterízase por ter unhas temperaturas moi extremas, entre 25°C e os -13°C. Os invernos son longos e moi fríos, e os veráns moi calorosos. Ademais, as precipitacións son escasas, ao redor dos 400 mm, e aparecen en forma de tormenta nos meses de xullo e agosto.
- O clima mediterráneo seco. Aparece sobre todo no sueste do territorio, nas zonas de Murcia, Alacant e Almería. As choivas son extremadamente escasas, menos de 300 mm ao ano, o que converte estas zonas en áreas moi áridas, e son frecuentes os períodos longos de seca. As temperaturas son semellantes ás do mediterráneo típico, aínda que a calor no verán adoita ser máis intenso.
Clima subtropical [editar]
O clima subtropical só aparece no arquipélago canario debido á súa proximidade co trópico de Cancro e a costa árida de África. Caracterízase pola presenza dos ventos alisios e as correntes de auga fría. As temperaturas son cálidas durante todo o ano, entre os 22°C e os 28°C de media, mentres que as precipitacións son escasas, menos de 250 mm, e concéntranse no inverno. Pos esa razón, non hai ríos en Canarias e cando chove fórmanse torrentes.
Clima de alta montaña [editar]
O clima de alta montaña aparece nos grandes sistemas montañosos como os Pireneos, o Sistema Central, o Sistema Ibérico, a cordilleira Penibética e o Cordal Cantábrico. Os invernos son moi fríos, e os veráns frescos. As precipitacións son moi abundantes a medida que aumenta a altitude e, en xeral, en forma de neve. As vertentes das montañas que miran ao norte son máis frías.