Cirrio común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cirrio común
Cirrio en Barcelona
Cirrio en Barcelona
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Apodiformes
Familia: Apodidae
Xénero: 'Apus'
Especie: ''A. apus''
Nome binomial
''Apus apus''
(Linnaeus, 1758)
Distribución do cirrio común

Distribución do cirrio común

O cirrio común ou cirro[1] (Apus apus) é unha ave da familia das apodiformes (Apodidae). O seu nome científico que lle deu Carl von Linné ven do grego απους, apous e significa sen pés. De feito os pes e patas son pouco visibles. A súa semellanza externa coas andoriñas, coas que non esta relacionado, é froito da converxencia evolutiva.

Ningunha outra ave pasa tanto tempo no aire coma o cirro. Suponse que poden voar sen pousarse durante anos, e abandonan o voo só para criar. O primeiro voo despois de deixa-lo niño pode durar xa días. Beben e dormen voando. Poden acadar velocidades de 200 km/h, o que os converte nunha das aves máis rápidas.

Descrición[editar | editar a fonte]

Ten aproximadamente o tamaño dunha andoriña, uns 16 cm. de lonxitude, pero as envergadura das alas é meirande, de 40 a 45 cm. Pesan uns 40 gramos. A cor da plumaxe vai do negro acastañado ó negro intenso. Na gorxa ten unha mancha máis clara, difícil de ver cando voa. O aspecto exterior de machos e femias é semellante. O seu voo e rápido e elegante. O seu chío penetrante pódese escoitar no verao mesmo en moitas cidades.(Escoitar). O chío das femias ten un ton máis alto có dos machos.

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

En Europa viven en áreas cultivadas, en xeral preto ou centro das cidades, que parecen preferir as vilas máis pequenas ou ás aldeas. Son migradores de largas distancias, que pasan o inverno en África ecuatorial e do sur.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Apus apus

Forma colonias para face-los niños. É moi fiel os lugares de nidificación e, en moitas ocasións, escolle a mesma parella do ano anterior.. Escolle para o seu niño ocos en paredes ou debaixo dos teitos de edificios, a moita distancia do chan. A parella recolle material para o niño mentres voa. Poñen de dous a tres ovos que son incubados polos dous membros da parella. Os polos tardan ata 27 días en saír do ovo, dependendo do tempo atmosférico, e son capaces de voar cando teñen 40 días de vida. En épocas de tempo excepcionalmente malo os polos entran nunha especie de afirmación, no que poden resistir ata dúas semanas. Maduran sexualmente ó acabar o segundo ano de idade.

Outros aspectos do comportamento[editar | editar a fonte]

Varias veces ó día, especialmente entre lusco e fusco, os membros dunha colonia forman bandos non moi compactos e voan xuntos, chiando en alto, en grandes círculos. As causas deste comportamento non están claras. se cadra serven para marca-lo territorio de caza fronte a outras colonias. A crenza de que un cirrio pousado no chan non pode levantar o voo non é de todo exacta, polo menos no caso de individuos adultos sans coas alas ben desenroladas. É certo, porén, que un cirrio nunca se pousa voluntariamente no chan.

Diferéncianse sen dificultade das andoriñas polo costume de vivir en grandes cidades e o costume de chiar cando voan, cousa pouco habitual nas andoriñas. As ás do cirrio son máis longas e finas, con forma de fouce, e a frecuencia de batido é máis alta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Varios dicionarios [1]
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cirro común