Cirrio pálido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cirrio pálido
Apus pallidus -Greece-8.jpg
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Apodiformes
Familia: Apodidae
Xénero: 'Apus'
Especie: 'Apus pallidus'
Nome binomial
''Apus pallidus''
(Shelley, 1870)

O cirrio pálido (Apus pallidus) é un paxaro apodiforme da familia dos apódidos. Como o resto dos cirrios, o cirrio pálido ten unhas patas moi curtas que emprega só para agarrarse en superficies verticais. Pasa a maior parte da súa vida no ar e aliméntase de insectos.

Características[editar | editar a fonte]

Mide entre 16 e 17 cm e ten unha enorme semellanza co cirrio común. É completamente escuro, excepto por unha gran mancha branca na gorxa, que é frecuentemente visíbel a distancia. Diferénzase do cirrio común na súa corpulencia e por presentar tons de cor marrón.

Distribución e costumes[editar | editar a fonte]

Os cirrios pálidos crían en penedos e cantís en todo o Mediterráneo, as Illas Canarias e no Arquipélago da Madeira. Adoitan poñer dous ovos, e ó igual que as andoriñas, son aves migratorias que pasan o inverno no centro de África e o sueste de Asia. Son raros ó norte da súa área de distribución.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cirrio pálido

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]