Ciclocross
O ciclocross é unha disciplina ciclista, nacida a mediados do século XX, que consiste en realizar un determinado número de voltas a un circuíto con tramos de asfalto, camiños e prados e cunha serie de obstáculos (naturais ou artificiais) que deban obrigar ao corredor a baixarse da bicicleta para sortealos.
Os dominadores [editar]
Os ciclistas do norte de Europa, especialmente os belgas e holandeses, son os especialistas desta disciplina. Nos anos de historia do ciclo-cros apareceron diferentes dominadores procedentes desta zona, como Andrè Dufraisse, Erik de Vlaeminck, Renato Longo, Roland Liboton ou máis recentemente Mario De Clercq.
A bicicleta [editar]
A bicicleta coa que se compite en ciclo-cros é moi parecida á que se utiliza nas probas de estrada, aínda que con algunhas diferenzas:
- As rodas son un pouco máis anchas para mellorar a tracción en chans esvaradíos
- Os pneumáticos teñen un debuxo máis marcado para mellorar a adherencia en chans esvaradíos
- Os freos son de tipo cantilever, para evitar que en terreos embarrados acumúlese o barro na ponte
- A pinza dianteira ten máis separación polo mesmo motivo
- O eixo pedalier está lixeiramente máis alto para evitar que a bicicleta golpee con obstáculos elevados
- A separación entre o tubo vertical e a roda traseira é lixeiramente maior para evitar a acumulación de terra e barro
- Utilízanse pedáis de bicicleta de montaña.
- Ultimamente, no manillar adóitase incorporar unha segunda quenda de freos para permitir ao ciclista frear desde calquera situación na que se atope