Johnny Depp
| Johnny Depp | |
|---|---|
Depp en outubro de 2011 |
|
| Nacemento | John Christopher Depp II 9 de xuño de 1963 (49 anos) Owensboro, Kentucky, |
| Profesión | Actor, guionista, director, produtor, músico |
| Cónxuxe(s) | Lori Anne Allison (1983–1986) Sherilyn Fenn (1985–1988) Winona Ryder (1989–1993) Kate Moss (1994–1998) Vanessa Paradis (1998–presente) |
| Fillo(s) | Lily-Rose Melody Depp (nada en 1999) John Christopher "Jack" Depp III (nado en 2002) |
| Ficha na IMDb | |
John Christopher Depp II naceu en Owensboro, Kentucky (Estados Unidos) o 9 de xuño de 1963. É un actor estadounidense moi coñecido por películas coma Edward Scissorhands ou Piratas do Caribe. Está casado con Vanessa Paradis.
Índice |
Traxectoria [editar]
Primeiros anos [editar]
Cando era moi xoven mudouse a Miramar, Florida. Os seus pais divorciáronse cando Depp tiña 16 años de idade. O seu interese pola música despertou ao recebir unha guitarra coma agasallo da súa nai. De adolescente, formou parte de diversos grupos musicais, entre eles, o máis coñecido, The Kids. The Kids, logrou acadar certo recoñecemento en Florida, chegando incluso a ser teloneiros de Iggy Pop. Aos 18 anos trasladouse a Os Ánxeles na busca dunha carreira no mundo da música. Casou cunha maquilladora, e foi ela quen lle presentou ao xoven actor Nicolas Cage, quen lle aconsellou a Depp desistir nos seus intentos de lograr fama coma cantante de rock. Presentoulle ao seu axente, quen lle conseguiu o seu primeiro papel, na clásica película de terror, Pesadelo en Elm Street (1984) de Wes Craven.
Carreira como actor [editar]
Interpretou papeis tan diversos coma un xove con tesoiras en lugar de mans, ao peor director da historia do cine Edward D. Wood Jr., o máis grande amante de tódolos tempos en Don Juan De Marco, un axente encuberto do FBI en Donnie Brasco, o alter ego do escritor e periodista Hunter S. Thompson na película de culto Medo e asco en Las Vegas e recentemente ó pirata Jack Sparrow en Piratas do Caribe.
Na actualidade, unha das colaboracións máis recoñecidas é a que forman Johnny Depp e Tim Burton. Contribuíu con el en cinco oportunidades, en Eduardo Manstesoiras, Ed Wood, Sleepy Hollow, Charlie e a fábrica de chocolate, e dando voz a Victor Van Dort, protagonista de A Noiva Cadáver.
Foi candidato ao Óscar ao mellor actor en dúas ocasións, e en cinco ocasións ao premio de mellor actor nos globos de ouro.
Filmografía [editar]
Curiosidades [editar]
- Mantivo unha longa relación sentimental coa tamén actriz Winona Ryder, durante a que fixo unha tatuaxe coa lenda wynona forever. Logo da separación borrou unha parte e deixou wyno forever.
- Mantivo outra relación sentimental posterior con Vanessa Paradis.
Premios e nominacións [editar]
Oscar [editar]
| Ano | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2008 | Mellor actor | Sweeney Todd | Nominado |
| 2005 | Mellor actor | Finding Neverland | Nominado |
| 2004 | Mellor actor | Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl | Nominado |
Globo de Ouro [editar]
| Ano | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2008 | Mellor actor - Comedia ou musical | Sweeney Todd | Gañador |
| 2007 | Mellor actor - Comedia ou musical | Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest | Nomeado |
| 2006 | Mellor actor - Comedia ou musical | Charlie e a fábrica de chocolate | Nomeado |
| 2005 | Mellor actor - Drama | Finding Neverland | Nomeado |
| 2004 | Mellor actor - Comedia ou musical | Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl | Nomeado |
| 1995 | Mellor actor - Comedia ou musical | Ed Wood | Nomeado |
| 1994 | Mellor actor - Comedia ou musical | Benny & Joon | Nomeado |
| 1991 | Mellor actor - Comedia ou musical | Edward Scissorhands | Nomeado |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Johnny Depp na IMDb (en inglés).
- Páxina sobre o actor (en castelán)