Charlie e a fábrica de chocolate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Charlie e a fábrica de chocolate
Título orixinal Charlie and the Chocolate Factory
Autor Roald Dahl
Ilustrador Michael Foreman
Artista da cuberta Xosé Guillermo
País Gales
Lingua inglés
Colección Gaivota (nº 4)
Xénero(s) Literatura infantil
Editorial Edicións do Cumio
Data de pub. 1964
Formato Tapa branda
Páxinas 166
ISBN ISBN 84-87126-04-9
Seguido por Charlie e o grande ascensor de cristal
Tradutor Alberto Avendaño

Charlie e a fábrica de chocolate é unha novela infantil en lingua inglesa do escritor galés Roald Dahl, publicada en 1964 co título de Charlie and the Chocolate Factory.

O libro, un clásico da literatura infantil do século XX, é coñecido pola súa linguaxe fácil e espontánea, así como polas súas detalladas descricións, características do estilo de Roahl Dahl. En 1972 saíu publicada a súa secuela, Charlie e o grande ascensor de cristal (Charlie and the Great Glass Elevator).

A historia xa mereceu dúas adaptacións para o cinema, Willy Wonka & the Chocolate Factory de Mel Stuart, con Gene Wilder, en 1971 e Charlie and the Chocolate Factory de Tim Burton, con Johnny Depp, en 2005.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

O enredo do libro é sobre o neno chamado Charlie Bucket, que vive na pobreza, nunha casa cun único cuarto, cos seus pais e catro avós. Charlie é un rapaciño xentil, meigo e tamén responsábel. Con todo, o que Charlie máis ama na vida é o chocolate. Mais, a causa da pobreza da familia, só recibe unha barra por ano, no día do seu aniversario.

Preto da casa de Charlie está localizada a maior fábrica de chocolate do mundo, de propiedade do Sr. Willy Wonka, o maior e máis inventivo produtor de chocolate, que produce todos os tipos de deliciosas lambetadas, incluíndo algunhas que parecen imposíbeis de existir, como un sorbete que nunca derrete e unha goma de mascar que nunca perde o seu sabor. Por culpa da espionaxe industrial, que case levou a fábrica do Sr. Wonka a quebra, este pechou a súa fábrica para o público e agora produce soamente con misteriosos empregados, que viven alá dentro.

Wonka, nun movemento sorprendente, decide abrir a súa fábrica para a visita pública, iniciando unha lotería. Cinco barras de chocolate Wonka esconden cinco “Billetes Dourados”, que darán a quen os encontre a admisión para el e dous membros máis de súa familia, coma acompañantes, a unha visita guiada polo propio Wonka á súa fabulosa fábrica.

Como por milagre, Charlie consegue encontrar un dos “Billetes Dourados” e así el e mailo seu avó Joe entran na fábrica do Sr. Willy Wonka, onde encontran moitas creacións marabillosas do Sr. Wonka – incluíndo algúns prototipos que causan efectos colaterais de levantar os cabelos. Os outros vencedores dos “Billetes Dourados” compórtanse mal un por un, terminan en situacións estrañas, case fatais, que requiren o seu afastamento da visita guiada. Charlie pórtase tan ben que ao final é recompensado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]