Charadriinae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Caradriinos
Charadriinae

Rango fósil: Mioceno - Actualidade.[1]

Charadrius semipalmatus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Suborde: Charadrii
Familia: Charadriidae
Subfamilia: Charadriinae
Leach, 1820
Xéneros e Especies
Véxase o texto
Charadrius alexandrinus
Charadrius dubius
Charadrius hiaticula
Charadrius mongolus
Pluvialis apricaria
Pluvialis squatarola

A dos caradriinos (Charadriinae) é unha subfamilia de aves da orde dos caradriformes, suborde dos caradrios e familia dos carádridos.

Son un grupo extensamente distribuído que inclúe aproximadamente corenta especies.[2]

Está estreitamente relacionada coa subfamilia dos vanelinos, que inclúe as avefrías.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A subfamilia foi descrita en 1820 polo zoólogo e biólogo mariño inglés William Elford Leach.

Clasificación[editar | editar a fonte]

A subfamilia comprende os seguintes xéneros e especies:

Xénero Charadrius

Xénero Thinornis

Xénero Elseyornis

Xénero Pletothyas

Xénero Anarhynchus

Xénero Phegornis

Xénero Oreopholus

Xénero Pluvialis

Nota taxonómica[editar | editar a fonte]

O xénero Pluvialis é ás veces separado nunha subfamilia propia, Pluvialinae.[3]

Características[editar | editar a fonte]

Encóntranse por todo o mundo e caracterízanse polas súas patas longas e os seus dedos relativamente curtos.

Moitas especies de Charadrius, que é o xénero que comprende a maioría das especies da subfamilia, caracterízanse polas súas bandas ou colares.

Aliméntanse principalmente de insectos, vermes ou outros invertebrados, mentres percorren o seu hábitat cunha técnica propia, a de correr e facer pausas, en lugar do escaravellado e esparruñado continuo doutros grupos de aves limícola. Cazan grazas á súa vista, en lugar de pola percepción dos seus peteiros como fan outras limícolas.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Subfamily Charadriinae Arquivado 10 de maio de 2022 en Wayback Machine. en Fossilworks.
  2. Sangster, G.; Knox, A. G.; Helbig, A. J. & Parkin, D. T. (2002); "Taxonomic recommendations for European birds". Ibis 144 (1): 153–159.
  3. Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names.". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2009. Consultado o 20 de abril de 2009. 
  4. Perrins, Christopher (2003): The New Encyclopedia of Birds. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-2506-6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]