Chandra (observatorio espacial)
|
|
|
|---|---|
|
|
|
| Tipo | Observación espacial de raios X |
| Fabricante | |
| Contratistas principais | NASA |
| Data de lanzamento | 23 de xullo de 1999, 4:31 GMT[1][2][3] |
| Foguete portador | Transbordador espacial Columbia[2][4] |
| Sitio de lanzamento | Centro espacial Kennedy, rampa LC39B[2][3][4][5] |
| Obxectivo da misión | Observación astronómica en raios X.[2][4][3] |
| NSSDC ID | 1999-040B |
| Masa | 4790 kg[2][4][5] |
| Potencia | 2000 vatios[5] |
| Semieixo maior | 80.792,2 km[5] |
| Inclinación | 72,2 graos[5] |
| Apoapse | 145.179,9 km[5] |
| Periapse | 3662,5 km[5] |
Chandra (previamente coñecido como AXAF ou AXAF-I, acrónimo de Advanced X-Ray Astronomy Facility - Imager) é un observatorio espacial de raios X da NASA, lanzado o 23 de xullo de 1999, mediante o transbordador espacial Columbia.[5][4][1][2]
Índice |
Características [editar]
Chandra é un dos dos catro Grandes Observatorios espaciais proxectados no século XX, xunto co telescopio Hubble, o CGRO e o telescopio Spitzer. Na súa elaboración contouse coa colaboración do Reino Unido, Alemaña e os Países Baixos. Orixinalmente proxectáronse dous observatorios, pero debido a reduccións presupostarias en 1993 decidiuse construír só un.[5]
O observatorio ten unha estrutura lixeira de material composto e estabilízase nos tres eixos. Os paneis solares xeneran 2 kW de potencia e alimentan tres baterías de hidróxeno-níquel cunha capacidade de 40 amperios-hora. O control de actitude ven proporcionado por seis volantes de inercia. O sistema de gravación de a bordo consiste en dúas grabadoras de estado sólido cunha capacidade de 1,8 Gbit, equivalente a 18,8 horas de observación por grabadora. O sistema de propulsión do observatorio usa catro propulsores TR-308 bipropelente (N204 e hidracina) para os cambios de órbita, cun pulo de 472 N e un impulso específico de 322,3 s.[5]
O telescopio de raios X en sí consiste en catro pares de espellos case cilíndricos con diámetros de entre 0,68 e 1,40 metros que focalizan os raios X a unha distancia focal de 10 m en dous dos catro instrumentos científicos: o HRC (High Resolution Camera) e o ACIS (AXAF CCD Imaging Spectrometer). Os outros dous instrumentos científicos non están no plano focal e son o HETG (High-Energy Transmission Grating) e o LETG (Low-Energy Transmission Grating).[5]
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 "CXO" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=25867. Consultado o 12 de maio de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Chandra X-ray Observatory" (en inglés). 20 de abril de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1999-040B. Consultado o 12 de maio de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 (PDF) Note verbale dated 7 March 2000 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General. 29 de marzo de 2000. pp. 2. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=379.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "AXAF-I (Chandra, CXO)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2012. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/axaf.htm. Consultado o 12 de maio de 2012.
- ↑ 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 "Chandra" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/craft/chandra.htm. Consultado o 12 de maio de 2012.