Impulso específico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Intervalos de impulso específico para diferentes tipos de motores: 1 - Motores de pistóns ; 2 - Motores turbojet ; 3 - Motores ramjet ; 4 - Motores foguete.

O impulso específico (abreviado a miúdo como ISP) é unha magnitude que describe a eficiencia dos motores foguete e os motores de reacción. Representa a derivada do impulso con respecto da cantidade de propelente usado, é dicir, o pulo dividido pol cantidade de propelente usado por unidade de tempo.[1] Se a cantidade de propelente se da en termos de masa (como quilogramos), o ISP terá unidades de velocidade. Si se da en termos de peso (como Newtons), o impulso específico terá unidades de tempo. A constante de conversión entre as dúas maneiras de expresa-lo impulso específico é a constante da gravedade estándar, g, que ten un valor de aproximadamente 9,8 m/s².[2] Canto maior sexa o impulso específico, menor será o fluxo de propelente necesario para obter determinado pulo, e no caso dos foguetes menor propelente será necesario para alcanzar unha mesma velocidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "What is specific impulse?" (en inglés). Qualitative Reasoning Group. 2012. http://www.qrg.northwestern.edu/projects/vss/docs/propulsion/3-what-is-specific-impulse.html. Consultado o 18 de xuño de 2012.
  2. "Specific impulse" (en inglés). NASA. 11 de xullo de 2008. http://www.grc.nasa.gov/WWW/K-12/airplane/specimp.html. Consultado o 18 de xuño de 2012.