Cedro do Himalaia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Cedro do Himalaia | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Cedrus deodara | ||||||||||||
O cedro do Himalaia (Cedrus deodara) constitúe aínda inmensos bosques nas pendentes do Himalaia entre os mil trescentos e os dous mil cincocentos metros de altitude na India, Paquistán, Cachemira, así como no Nepal e Afganistán. A súa introdución en Europa débese a Leslie Melville, quen enviou sementes a Escocia.
A palabra deodara provén do hindi deodar, tomado do sánscrito devadâru, a madeira dos deuses, árbore sagrada dos hindús.
Un paxaro, o Tragopan occidental, vive exclusivamante nos bosques de cedros do Himalaia de Cachemira e de Himachal Pradesh.