Cedro do Atlas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cedro do Atlas
Cedros do Atlas en Chelia, Alxeria
Cedros do Atlas en Chelia, Alxeria
Estado de conservación
Status iucn2.3 LC gl.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Pinaceae
Xénero: 'Cedrus'
Especie: 'Cedrus libani'
Nome trinomial
Cedrus libani  var. atlantica
(Endl.) Hook.f.
Cedro do Atlas
Piñas do cedro do Atlas

O cedro do Atlas ou piñeiro de Marrocos (Cedrus libani var. atlantica, antes Cedrus atlantica) é unha variante do cedro orixinaria do norte de África, existente sobre todo en Alxeria e Marrocos. Os lugares onde máis abunda son en Aures, a Kabylia, o Rif e, evidentemente, a cordilleira do Atlas.

En Galicia é empregada como árbore ornamental.

É unha árbore de grande tamaño e moi lonxeva. Pode chegar aos 40 m de altura e vivir 1.000 anos. Presenta porte piramidal, con pólas ascendentes e cortiza gris clara, pouco fendida. As acículas son de corte cuadrangular, verdes ou azuladas, de 0,8 a 3 cm de lonxitude e co ápice agudo. Inflorescencias masculinas de cor amarela verdosa e femininas de tonalidade verde esbrancuxada, florecen entre outubro e novembro. Piñas erectas, cilíndricas, co vértice aplanado, de 5 a 10 cm de lonxitude e de cor verdosa, que chegan a ser castañas na madureza.

É o máis resistente de todos os cedros e proporciona unha boa madeira, moi resistente á putrefacción, moi aromática, e cun cheiro que afasta os insectos. O aceite natural aromático ten propiedades antisépticas e era empregado polos antigos exipcios no proceso de embalsamamento.