Cedro do Líbano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cedro do Líbano
Libanonzeder.jpg
Estado de conservación
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Pinaceae
Xénero: Cedrus
Especie: C. libani
Nome binomial
Cedrus libani
A.Rich.
Exemplar de Cedro do Líbano en Pontevedra.
Cedro do Líbano.

O cedro do Líbano (Cedrus libani, A.Rich) é unha especie do cedro orixinaria de Oriente Próximo, sendo existente nos Estados do Líbano, de Siria e de Turquía. É o emblema do Líbano. Porén, non existe máis que coma reliquia neste país no monte Líbano. A maior poboación atópase en Turquía, na cordilleira do Taurus.

Desde antigo a súa madeira foi moi apreciada para o seu uso na construción. A civilización exipcia dependeu principalmente dela e procurouna mediante intercambios comerciais.

En Pontevedra pódese observar un grande exemplar no parque das Palmeiras.