Catalpa común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catalpa común
Follas e froitos da catalpa común
Follas e froitos da catalpa común
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Fanerógama Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Bignoniaceae
Tribo: Tecomeae
Xénero: 'Catalpa'
Especie: ''C. bignonioides''
Nome binomial
''Catalpa bignonioides''
Walter, Fl. Carol., 64, 1788
Catalpa bignonioides range map 2.png

A catalpa común[1] (Catalpa bignonioides) é unha árbore frondosa de folla caediza orixinaria do sueste dos Estados Unidos de América en Alabama, A Florida, Xeorxia, A Luisiana, e Mississippi. Por este motivo tamén se lle coñece coma catalpa do sur.

É unha común árbore ornamental nas rúas e xardíns urbanos de Galiza.

Froitos aínda inmaturos.
Catalpa común
Follas

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha árbore de follas caedizas 15 a 18 m de altura, cun toro de até 1 m de diámetro, coa casca pardo cinsenta. As follas son grandes, acorazonadas, de 2 a 3 dm de lonxitude e 1,5 a 2 dm de largo. As flores son de 2 a 4 cm, a xeito de trompeta, abrancazadas con tacas amarelas e violetas, en panículas de entre 20 a 40.

O froito é unha vaíña grande e longa (lembra aos legumes) de 2 a 4 dm de longo e 8 a 10 mm de diámetro, que fican nas pólas polo inverno. As vaíñas teñen numerosas sementes pardas achatadas con dúas ás delgadas.

Está emparentada coa Catalpa speciosa (Catalpa do norte), que se distingue polas panículas florais, con flores máis miúdas e máis numerosas.

Cultivo e usos[editar | editar a fonte]

Úsase moito coma ornamental, tanto en pés illados coma formando fileiras nas rúas e avenidas. Atura a seca mais gusta dos solos húmidos e do sol. Tense naturalizado en todo o mundo. É unha especie que atura ben a polución. Por todos estes motivos é unha especie axeitada coma ornamental en Galiza.

A madeira é moi boa e dura, polo que o seu traballo non é doada; úsase moito para postes e travesas do camiño de ferro.

Propiedades[editar | editar a fonte]

Principios activos: catalpina, ácido p-oxibenzoico e protocaquético.[2]

Indicacións: febrífugo, lixeiramente narcótico, sedante, asmático. Tense usado coma sucedáneo da quinina para as febres dos pantanos e como colirio para o tracoma e na conxuntivite. As raíces son velenosas. Úsanse a casca e os froitos.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito por Thomas Walter e publicado en Flora Caroliniana, secundum . . . 64. 1788.[3]

Etimoloxía

O nome deriva dos catawba americanos nativos dos Estados Unidos de América que a chamaban de catawba (o uso de Catalpa é un erro de transcrición do botánico Scopoli, que fixo a primeira descrición formal do xénero).

bignonioides: epíteto latino compuesto que significa "semellante a Bignonia.

Sinonimia
  • Bignonia catalpa L. - basiónimo
  • Bignonia spectabilis Salisb.
  • Catalpa arborea Baill.
  • Catalpa bignonioides f. aurea Bureau
  • Catalpa bignonioides f. koehnei (Hesse) Dode
  • Catalpa bignonioides f. nana Bureau
  • Catalpa bignonioides f. pulverulenta Bean
  • Catalpa bignonioides f. rehderi Paclt
  • Catalpa bignonioides f. variegata Bureau
  • Catalpa catalpa (L.) H.Karst. nom. inval.
  • Catalpa communis Dum.Cours.
  • Catalpa cordifolia Moench
  • Catalpa syringifolia Sims
  • Catalpa syringifolia var. koehnei Hesse
  • Catalpa ternifolia Cav.
  • Catalpa umbraculifera Ugolini
  • Catalpium amena Raf.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004
  2. 2,0 2,1 en Plantas útiles
  3. "Catalpa común". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. http://www.tropicos.org/Name/3701298. Consultado o 4 de setembro de 2013.
  4. Sinónimos en The Plant List
  5. "Catalpa común". World Checklist of Selected Plant Families. http://apps.kew.org/wcsp/namedetail.do?name_id=320352. Consultado o 4 de setembro de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Catalpa común
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Catalpa común