Catalpa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
xénero Catalpa
froitos e follas da catalpa común
froitos e follas da catalpa común
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Fanerógama Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Bignoniaceae
Tribo: Catalpeae
Xénero: ''Catalpa''
Scopoli
especies

Véxase no texto

Flores da catalpa común
Unha catalpa en Corea

Catalpa (das linguas norteamericanas catawba), é un xénero de árbores caducifolias da familia das bignoniáceas, nativo de rexións temperadas de América do Norte, as Indias Occidentais, e a Asia oriental.

En Galiza emprégase coma ornamental e árbore de sombra en xardíns urbanos e rúas; especialmente a especie Catalpa bignonioides.

Descrición[editar | editar a fonte]

As catalpas medran de 10 a 25 m de altura, recoñecéndose doadamente polas súas grandes follas acorazonadas trilobuladas, con flores brancas ou amarelas en amplas panículas. Polo outono botan uns característicos froitos de 20 a 50 cm de lonxitude que lembran aos legumes, e que conteñen numerosas sementes miúdas e achatadas; cada semente ten dúas ás delgadas que axudan no esparexamento eólico. Ás veces as especies de Catalpa confúndense co tung pola semellanza das follas.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Son árbores axeitadas para sombra densa, sendo un popular hábitat para numerosos paxaros, fornecendo un bo abeiro contra a choiva e o vento.

A árbore é o alimento vexetal para o verme Catalpa sphinx.

A catalpa máis vella que se coñece áchase no parque do Capitolio do Estado de Míchigan (EUA) e se plantou en 1873.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito por Giovanni Antonio Scopoli e publicado en Introductio ad Historiam Naturalem 170. 1777.[1] A especie tipo é: Catalpa bignonioides

Etimoloxía

O nome deriva dos catawba americanos nativos dos Estados Unidos que chamaban a árbore de catawba(o uso de Catalpa é un erro de transcrición do botánico Scopoli, que fixo a primeira descrición formal do xénero).

Especies[editar | editar a fonte]

As dúas especies de América do Nortea, Catalpa bignonioides e mais Catalpa speciosa son moi cultivadas en todo o mundo coma árbores ornamentais polas súas vistosas flores. Ambas as dúas catalpas son moi semellantes, se ben a primeira ten follas, flores e froitos máis grandes. A catalpa amarela (Catalpa ovata) da China, con pálidas flores amarelas, tamén é moi cultivada coma árbore ornamental.

Catalpa bignonioides Walter - A catalpa por excelencia
Catalpa brevipes Urb.
Catalpa bungei C.A.Mey.
Catalpa cassinoides Spreng.
Catalpa denticulata Urb.
Catalpa domingensis Urb.
Catalpa duclouxii Dode
Catalpa ekmaniana Urb.
Catalpa fargesii Bur.
Catalpa henryi Dode
Catalpa heterophylla Dode
Catalpa himalayensis Hort. ex Dippel
Catalpa hirsuta Spreng.
Catalpa kaempferi Siebold & Zucc.
Catalpa longisiliqua Cham.
Catalpa longissima (Jacq.) Dum.Cours.
Catalpa macrocarpa Ekman
Catalpa microphylla Spreng.
Catalpa nana Hort. ex Dippel
Catalpa oblongata Urb. & Ekman
Catalpa obovata Urb.
Catalpa ovata G.Don
Catalpa pottsii Seem.
Catalpa pubescens (Griseb.) Bisse
Catalpa pumila Hort. ex Wien.
Catalpa punctata Griseb.
Catalpa purpurea Griseb.
Catalpa silvestrii (Pamp. & Bonati) S.Y.Hu
Catalpa speciosa Warder ex Engelm. - Catalpa norteña
Catalpa sutchuensis Dode
Catalpa thunbergii Hort. ex Wien.
Catalpa tibetica Forrest
Catalpa vestita Diels
Catalpa wallichiana Hort. ex Wien.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Gentry, A.H. 1992. Bignoniaceae–Part II (Tribe Tecomeae). Fl. Neotrop. 25(2): 1–370.
  2. Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
  3. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catalpa