Teófilo Braga
Joaquim Teófilo Fernandes Braga (Ponta Delgada, Portugal, 24 de febreiro de 1843 - Lisboa, Portugal, 28 de xaneiro de 1924), político, escritor e ensaísta portugués.
Estréase na literatura en 1859 con "Folhas Verdes". Licenciado en Dereito pola Universidade de Coimbra, establécese en Lisboa en 1872, onde dá clases de Literatura no Curso Superior de Letras. Entre a súa carreira literaria cóntanse obras de historia literaria, etnografía (nas que destacan as súas escolmas de contos e cancións tradicionais), poesía, ficción e filosofía.
Comeza a súa actividade política en 1878, cando concorre ás eleccións como candidato a deputado polos republicanos federalistas. Exerce varios cargos destacados nas estruturas do Partido Republicano Portugués. O 1 de xaneiro de 1910 convértese en membro efectivo do directorio político xunto con Basílio Teles, Eusébio Lleãou, José Cupertino Ribeiro e José Relvas.
O 28 de agosto de 1910 é elixido deputado por Lisboa, e en outubro do mesmo ano convértese en presidente do Goberno Provisional. A súa carreira política remata tras exercer por breve tempo o cargo de presidente da República, en substitución de Manuel de Arriaga, entre o 29 de maio e o 4 de agosto de 1915.
Índice |
Obras [editar]
Poesía [editar]
Ficción [editar]
Ensaios [editar]
- As Teorías Literárias - Relance sobre o Estado Actual da Literatura Portuguesa (1865)
- História da Poesia Moderna em Portugal (1869)
- História da Literatura Portuguesa (Introdução) (1870)
- História do Teatro Português (1870 - 1871) - en 4 volúmenes
- Teoría da História da Literatura Portuguesa (1872)
- Manual da História da Literatura Portuguesa (1875)
- Bocage, sua Vida e Época (1877)
- Parnaso Português Moderno (1877)
- Traços gerais da Filosofia Positiva (1877)
- História do Romantismo em Portugal (1880)
- Sistema de Sociología (1884)
- Camões e o Sentimento Nacional (1891)
- História da Universidade de Coimbra (1891 - 1902) - en 4 volúmenes
- História da Literatura Portuguesa (1909 - 1918) - en 4 volúmenes
Antoloxías e escolmas [editar]
| Predecesor: Manuel II |
Xefe de Estado de Portugal 1910 - 1911 |
Sucesor: Manuel de Arriaga |
| Predecesor: Manuel de Arriaga |
Presidente da República Portuguesa 1915 |
Sucesor: Bernardino Machado |