Campionato do Mundo de Ironman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Campionato do mundo de Ironman»)
Campionato do Mundo de Ironman
Fundación1978
Actual campiónMasculino:
Alemaña Jan Frodeno
Feminino:
Alemaña Anne Haug
Máis laureadoCimbabue Paula Newby-Fraser
LemaSó rematar é xa unha vitoria
OrganizadorWorld Triathlon Corporation
Sitio webironman.com

O Campionato do Mundo de Ironman é unha proba de tríatlon de longa distancia, que se celebra anualmente en Hawai dende 1978.

Está organizado pola World Triathlon Corporation e é a culminación anual dunha serie de carreiras de Ironman celebradas en todo o mundo e nas que os atletas se poden clasificar para a final de Hawai.

Swimmers at the start of the 2005 race
Inicio do segmento de natación, 15 de outubro de 2005

Historia[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

A idea do Ironman orixinal xurdiu durante a entrega dos premios da Oahu Perimeter Relay, unha carreira que recorre o perímetro da illa de Oʻahu, en 1977.[1] Entre os participantes atopábanse os corredores do club Mid-Pacific Road Runners e os nadadores do Waikiki Swim Club, cuxos membros levaban tempo discutindo sobre cal dos dous deportes era o máis duro. Nesta ocasión, o comandante da Mariña estadounidense, John Collins, sinalou que lera nun artigo recente da revista Sports Illustrated que o ciclista belga Eddy Merckx tiña a "captación de osíxeno" máis alta rexistrada de calquera atleta medido nunca, polo que quizais os ciclistas estivesen máis en forma que corredores e nadadores. Collins e a súa esposa Judy Collins tomaran parte nos tríatlons organizados en 1974 e 1975 polo San Diego Track Club en Mission Bay, California, así como o Optimist Sports Fiesta Triathlon de 1975 en Coronado, tamén en California. Algúns dos outros deportistas militares asistentes tamén estaban familiarizados coas carreiras de San Diego, polo que entenderon o concepto cando Collins suxeriu que o debate debía resolverse a través dunha carreira que combinase as tres competicións de longa distancia existentes na illa: a Waikiki Roughwater Swim (3.86 km de natación en augas abertas), a Around-Oahu Bike Race (carreira ciclista de 185.07 km, orixinalmente celebrada en dous días) e a Maratón de Honolulu (42.195 km).[1]

Ata ese momento, ningún dos presentes fixera a carreira en bicicleta. Collins calculou que recortando 4,8 quilómetros do percorrido en bicicleta e facéndoo en sentido contrario ás agullas do reloxo, arredor da illa, o sector de bicicleta podería comezar no remate da Waikiki Rough Water e acabar na torre Aloha, lugar de inicio tradicional da Maratón de Honolulu. Antes da carreira, cada atleta recibiu tres follas de papel que indicaban algunhas regras e unha descrición do percorrido. Escrito a man na última páxina estaba esta exhortación: "Nada 2,4 millas! Percorre en bicicleta 112 millas! Corre 26,2 millas! Presume o resto da túa vida". A frase converteuse nunha marca comercial.

Cun aceno a un corredor local que era coñecido polos seus exixentes adestramentos, Collins dixo: "Quenquera que acabe primeiro, chamarémoslle o Home de Ferro." Cada un do participantes tiña o seu equipo de apoio propio para fornecerse de auga, comida e ánimo durante a proba. Dos quince homes que tomaron a saída a mañá do 18 de febreiro de 1978, doce completaron a carreira. Gordon Haller, un especialista de comunicacións da USS Navy, foi o primeiro en gañar o título Ironman por completar a carreira cun tempo de 11 horas, 46 minutos e 58 segundos. O marine John Dunbar, lideraba a proba despois da segunda transición e tiña posibilidades de gañar mais quedou sen auga na maratón e o seu equipo de apoio resolveu darlle cervexa.[1][2]

Sen máis esforzos de mercadotecnia, a carreira reuniu a 50 atletas en 1979. Tras ser aprazada un día debido ás condicións meteorolóxicas, só quince competidores tomaron a saída na mañá do domingo. Tom Warren, de San Diego gañou en 11 horas, 15 minutos e 56 segundos. Lyn Lemaire, unha ciclista de Boston, que chegou sexta converteuse na primeira Ironwoman (Muller de Ferro). Collins pensou en transformar a carreira nunha proba de relevos para incluír a máis participantes, pero o xornalista de Sports Illustrated, Barry McDermott, presente na zona para cubrir un torneo de golf, descubriu a carreira e escribiu unha reportaxe de dez páxinas sobre ela. Durante o ano seguinte, centos de participantes curiosos contactaron con Collins.[2]

Valerie Silk e a WTC[editar | editar a fonte]

Ao redor de 1979 Collins xa non quería dirixir a proba e contactou cos propietarios do centro do Nautilus Fitness Center, Hank Grundman e Valerie Silk, para cederlles o control da carreira. Grundman ofrecera anteriormente as instalacións do seu club a moitos dos competidores do Ironman. Despois do divorcio da parella, en 1981 Silk recibiu a propiedade do Ironman.[3][4] Ese ano trasladou a competición á menos urbanizada illa de Hawai e en 1982 mudouse a data de carreiras de febreiro a outubro. Como resultado deste cambio, houbo dous eventos Ironman en 1982.

En febreiro de 1982 ocorreu un fito na historia da carreira que disparou a súa popularidade. Julie Moss, unha universitaria que competía como parte dunha investigación para a súa tese de fisioloxía do exercicio, púxose en primeiro lugar. A medida que se aproximaba ao final, entroulle unha grave fatiga e deshidratación e caeu a poucos metros da liña de meta. Aínda que Kathleen McCartney a adiantou levando o título feminino, Moss arrastrouse ata a meta. A súa actuación foi transmitida por todo o mundo e creou a famosa frase do Ironman de que "só rematar é xa unha vitoria". A finais dese ano a carreira xa superou os 1.000 participantes, tendo que facer un sorteo para adxudicar 1.000 prazas e deixando fóra a outros 1.000 participantes.[4]

En 1990, coa axuda de Lew Friedland, James P. Gills mercoulle a Silk a Hawaii Triathlon Corporation, propietaria da marca Ironman, por 3 millóns de dólares. Coa marca Ironman, Gills estableceu a World Triathlon Corporation coa intención de potenciar o deporte do tríatlon e aumentar os premios para os triatletas.[5][6]

Dende mediados dos noventa realízanse varios tríatlons de distancia completa que non son organizados pola WTC. O limitado número de eventos organizados pola WTC e o escaso número de entradas dispoñibles por carreira, combináronse cun crecemento do deporte que creou demanda destes eventos sen marca. Moitos deles comparten co Ironman o formato de 3,86 km a nado, 180 de bicicleta e 42,2 a pé. Orixinalmente, moitos usaron o nome Ironman. Debido á agresiva protección de marcas, a maioría destas carreiras xa non usan a palabra "Ironman".

O actual récord do Ironman de Hawai foi establecido en 2019 por Jan Frodeno (Alemaña), cuxo tempo gañador foi de 7 horas, 51 minutos e 13 segundos O récord feminino é de 8 horas, 26 minutos e 18 segundos, fixado en 2018 por Daniela Ryf (Suíza).

Os atletas con discapacidades compiten no evento na categoría de desafíos físicos, que foi instituída en 1997, e teñen que cumprir os mesmos tempos de corte que os outros competidores. O australiano John Maclean foi o primeiro triatleta discapacitado en completar a proba.

Récords da proba[editar | editar a fonte]

Homes[editar | editar a fonte]

Evento Récord Velocidade Atleta Edición Ref
Ironman completo 7:51:13 (47:31-1:58-4:16:03-2:59-2:42:43) 28.82 km/h Alemaña Jan Frodeno 2019 [7]
Natación (3.862 km) 46:29 1:12 min/100 m Alemaña Jan Sibbersen 2018 [8]
Bicicleta (180.246 km) 4:09:06 43.42 km/h Australia Cameron Wurf 2018 [9]
Carreira a pé (42.195 km) 2:39:45 15.85 km/h / 3:47 min/km Alemaña Patrick Lange 2016 [10]

Mulleres[editar | editar a fonte]

Evento Récord Velocidade Atleta Edición Ref
Ironman completo 8:26:18 (57:27-3:22-4:26:07-2:17-2:57:05) 26.82 km/h Suíza Daniela Ryf 2018 [11]
Natación (3.862 km) 48:14 1:14 min/100 m Lucy Charles 2018 [12]
Bicicleta (180.246 km) 4:26:07 40.64 km/h Suíza Daniela Ryf 2018 [11]
Carreira a pé (42.195 km) 2:50:27 14.85 km/h / 4:02 min/km Australia Mirinda Carfrae 2014 [13]

Vencedores[editar | editar a fonte]

Homes[editar | editar a fonte]

Year Gold Time Silver Time Bronze Time
2019 Alemaña Jan Frodeno 7:51:13  Tim O'Donnell 7:59:40 Alemaña Sebastian Kienle 8:02:04
2018 Alemaña Patrick Lange 7:52:39 Bélxica Bart Aernouts 7:56:41  David McNamee 8:01:09
2017 Alemaña Patrick Lange 8:01:40  Lionel Sanders 8:04:07  David McNamee 8:07:11
2016 Alemaña Jan Frodeno 8:06:30 Alemaña Sebastian Kienle 8:10:02 Alemaña Patrick Lange 8:11:14
2015 Alemaña Jan Frodeno 8:14:40 Alemaña Andreas Raelert 8:17:43  Tim O'Donnell 8:18:50
2014 Alemaña Sebastian Kienle 8:14:18  Ben Hoffman 8:19:23 Alemaña Jan Frodeno 8:20:32
2013 Bélxica Frederik Van Lierde 8:12:29 Australia Luke McKenzie 8:15:19 Alemaña Sebastian Kienle 8:19:24
2012 Australia Pete Jacobs 8:18:37 Alemaña Andreas Raelert 8:23:40 Bélxica Frederik Van Lierde 8:24:09
2011 Australia Craig Alexander 8:03:56 Australia Pete Jacobs 8:09:11 Alemaña Andreas Raelert 8:11:07
2010 Australia Chris McCormack 8:10:37 Alemaña Andreas Raelert 8:12:17 Bélxica Marino Vanhoenacker 8:13:14
2009 Australia Craig Alexander 8:20:21  Chris Lieto 8:22:56 Alemaña Andreas Raelert 8:24:32
2008 Australia Craig Alexander 8:17:45 España Eneko Llanos 8:20:50 Bélxica Rutger Beke 8:21:23
2007 Australia Chris McCormack 8:15:34 Australia Craig Alexander 8:19:04 Dinamarca Torbjørn Sindballe 8:21:30
2006 Alemaña Normann Stadler 8:11:58 Australia Chris McCormack 8:13:10 Alemaña Faris Al-Sultan 8:19:05
2005 Alemaña Faris Al-Sultan 8:14:17  Cameron Brown 8:19:36  Peter Reid 8:20:04
2004 Alemaña Normann Stadler 8:33:29  Peter Reid 8:43:40 Alemaña Faris Al-Sultan 8:45:14
2003  Peter Reid 8:22:35 Bélxica Rutger Beke 8:28:27  Cameron Brown 8:30:08
2002  Tim DeBoom 8:29:56  Peter Reid 8:33:06  Cameron Brown 8:35:34
2001  Tim DeBoom 8:31:18  Cameron Brown 8:46:10 Alemaña Thomas Hellriegel 8:47:40
2000  Peter Reid 8:21:01  Tim DeBoom 8:23:10 Alemaña Normann Stadler 8:26:45
1999 Bélxica Luc Van Lierde 8:17:17  Peter Reid 8:22:54  Tim DeBoom 8:25:42
1998  Peter Reid 8:24:20 Bélxica Luc Van Lierde 8:31:57 Alemaña Lothar Leder 8:32:57
1997 Alemaña Thomas Hellriegel 8:33:01 Alemaña Jürgen Zäck 8:39:18 Alemaña Lothar Leder 8:40:30
1996 Bélxica Luc Van Lierde 8:04:08 Alemaña Thomas Hellriegel 8:06:07 Australia Greg Welch 8:18:57
1995  Mark Allen 8:20:34 Alemaña Thomas Hellriegel 8:22:59 Alemaña Rainer Müller-Hörner 8:25:23
1994 Australia Greg Welch 8:20:27  Dave Scott 8:24:32  Jeff Devlin 8:31:56
1993  Mark Allen 8:07:45 Finlandia Pauli Kiuru 8:14:27 Alemaña Wolfgang Dittrich 8:20:13
1992  Mark Allen 8:09:08 Chile Cristián Bustos 8:16:29 Finlandia Pauli Kiuru 8:17:29
1991  Mark Allen 8:18:32 Australia Greg Welch 8:24:34  Jeff Devlin 8:27:55
1990  Mark Allen 8:28:17  Scott Tinley 8:37:40 Finlandia Pauli Kiuru 8:39:24
1989  Mark Allen 8:09:14  Dave Scott 8:10:13 Australia Greg Welch 8:32:16
1988  Scott Molina 8:31:00  Mike Pigg 8:33:11  Ken Glah 8:38:37
1987  Dave Scott 8:34:13  Mark Allen 8:45:19 Australia Greg Stewart 8:58:53
1986  Dave Scott 8:28:37  Mark Allen 8:36:04  Scott Tinley 9:00:37
1985  Scott Tinley 8:50:54  Chris Hinshaw 9:16:40 Suíza Carl Kupferschmid 9:26:32
1984  Dave Scott 8:54:20  Scott Tinley 9:18:45  Grant Boswell 9:23:55
1983  Dave Scott 9:05:57  Scott Tinley 9:06:30  Mark Allen 9:21:06
1982 (Out)  Dave Scott 9:08:23  Scott Tinley 9:28:28  Jeff Tinley 9:36:53
1982 (Feb)  Scott Tinley 9:19:41  Dave Scott 9:36:57  Jeff Tinley 9:53:16
1981  John Howard 9:38:29    Tom Warren 10:04:38  Scott Tinley 10:12:47
1980  Dave Scott 9:24:33  Chuck Neumann 10:24:41  John Howard 10:32:36
1979  Tom Warren 11:15:56  John Dunbar 12:03:56  Ian Emberson 12:23:30
1978  Gordon Haller 11:46:58  John Dunbar 12:20:27  Dave Orlowski 13:59:13

Mulleres[editar | editar a fonte]

Year Gold Time Silver Time Bronze Time
2019 Alemaña Anne Haug 8:40:10  Lucy Charles 8:46:44 Australia Sarah Crowley 8:48:13
2018 Suíza Daniela Ryf 8:26:18  Lucy Charles 8:36:32 Alemaña Anne Haug 8:41:57
2017 Suíza Daniela Ryf 8:50:47  Lucy Charles 8:59:38 Australia Sarah Crowley 9:01:38
2016 Suíza Daniela Ryf 8:46:46 Australia Mirinda Carfrae 9:10:30  Heather Jackson 9:11:32
2015 Suíza Daniela Ryf 8:57:57  Rachel Joyce 9:10:59  Liz Blatchford 9:14:52
2014 Australia Mirinda Carfrae 9:00:55 Suíza Daniela Ryf 9:02:57  Rachel Joyce 9:04:23
2013 Australia Mirinda Carfrae 8:52:14  Rachel Joyce 8:57:28  Liz Blatchford 9:03:35
2012  Leanda Cave 9:15:54 Suíza Caroline Steffen 9:16:58 Australia Mirinda Carfrae 9:21:41
2011  Chrissie Wellington 8:55:08 Australia Mirinda Carfrae 8:57:57  Leanda Cave 9:03:29
2010 Australia Mirinda Carfrae 8:58:36 Suíza Caroline Steffen 9:06:00  Julie Dibens 9:10:04
2009  Chrissie Wellington 8:54:02 Australia Mirinda Carfrae 9:13:59 España Virginia Berasategui 9:15:28
2008  Chrissie Wellington 9:06:23 Países Baixos Yvonne van Vlerken 9:21:20 Alemaña Sandra Wallenhorst 9:22:52
2007  Chrissie Wellington 9:08:45  Samantha McGlone 9:14:04 Australia Kate Major 9:19:13
2006 Australia Michellie Jones 9:18:31  Desiree Ficker 9:24:02  Lisa Bentley 9:25:18
2005 Suíza Natascha Badmann 9:09:30 Australia Michellie Jones 9:11:51 Australia Kate Major 9:12:39
2004 Suíza Natascha Badmann 9:50:04  Heather Fuhr 9:56:19 Australia Kate Major 10:01:56
2003  Lori Bowden 9:11:55 Suíza Natascha Badmann 9:17:08 Alemaña Nina Kraft 9:17:16
2002 Suíza Natascha Badmann 9:07:54 Alemaña Nina Kraft 9:14:24  Lori Bowden 9:22:27
2001 Suíza Natascha Badmann 9:28:37  Lori Bowden 9:32:59 Alemaña Nina Kraft 9:41:01
2000 Suíza Natascha Badmann 9:26:17  Lori Bowden 9:29:05  Fernanda Keller 9:31:29
1999  Lori Bowden 9:13:02  Karen Smyers 9:20:40  Fernanda Keller 9:24:30
1998 Suíza Natascha Badmann 9:24:16  Lori Bowden 9:27:19  Fernanda Keller 9:28:29
1997  Heather Fuhr 9:31:43  Lori Bowden 9:41:42  Fernanda Keller 9:50:02
1996  Paula Newby-Fraser 9:06:49 Suíza Natascha Badmann 9:11:19  Karen Smyers 9:19:13
1995  Karen Smyers 9:16:46 Francia Isabelle Mouthon 9:25:13  Fernanda Keller 9:37:48
1994 Cimbabue Paula Newby-Fraser 9:20:14  Karen Smyers 9:28:08  Fernanda Keller 9:43:30
1993 Cimbabue Paula Newby-Fraser 8:58:23  Erin Baker 9:08:04  Susan Latshaw 9:20:40
1992 Cimbabue Paula Newby-Fraser 8:55:28  Julie Anne White 9:21:40 Países Baixos Thea Sybesma 9:26:57
1991 Cimbabue Paula Newby-Fraser 9:07:52  Erin Baker 9:23:37  Sarah Coope 9:33:20
1990  Erin Baker 9:13:42 Cimbabue Paula Newby-Fraser 9:20:01  Terri Schneider 10:00:34
1989 Cimbabue Paula Newby-Fraser 9:00:56  Sylviane Puntous 9:21:55  Kirsten Hanssen 9:24:31
1988 Cimbabue Paula Newby-Fraser 9:01:01  Erin Baker 9:12:14  Kirsten Hanssen 9:37:25
1987  Erin Baker 9:35:25  Sylviane Puntous 9:36:57 Cimbabue Paula Newby-Fraser 9:40:37
1986 Cimbabue Paula Newby-Fraser 9:49:14  Sylviane Puntous 9:53:13  Joanne Ernst 10:00:07
1985  Joanne Ernst 10:25:22  Elizabeth Bulman 10:26:55 Cimbabue Paula Newby-Fraser 10:31:04
1984  Sylviane Puntous 10:25:13  Patricia Puntous 10:27:28  Julie Olson 10:38:10
1983  Sylviane Puntous 10:43:36  Patricia Puntous 10:49:17  Eva Ueltzen 11:01:49
1982 (Out)  Julie Leach 10:54:08  Jo Ann Dahlkoetter 10:58:21  Sally Edwards 11:03:00
1982 (Feb)  Kathleen McCartney 11:09:40  Julie Moss 11:10:09  Lyn Brooks
 Sally Edwards
11:51:00
1981  Linda Sweeney 12:02:32  Sally Edwards 12:37:25  Lyn Brooks 12:42:15
1980  Robin Beck 11:21:24  Eve Anderson  15:40:59
1979  Lyn Lemaire  12:55:38

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Ironman Hawaii: El nacimiento del Triatlón más famoso del mundo" (en castelán). 24 de maio de 2015. Consultado o 30 de outubro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "The Enduring Fight Over the First Ironman Triathlon". The New York Times (en inglés). 25 de xaneiro de 2019. Consultado o 1 de novembro de 2019. 
  3. "A Straight 40 To Go". www.trihistory.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2015. Consultado o 31 de outubro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 Chick, Bob (22 de outubro de 1983). "Ironwoman" (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2019. 
  5. "End of year news roundup" (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2019. 
  6. Scheppler, Bill (2001). The Iron Man Triathlon (en inglés). The Rosen Publishing Group. ISBN 978-0-8239-3556-7. Consultado o 31 de outubro de 2019. 
  7. "Jan Frodeno campeón del mundo de Ironman 2019 con 7:51:13, récord de la prueba" (en inglés). 12 de outubro de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  8. "Jan Sibbersen". SportStats (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  9. "Cameron Wurf". SportStats (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  10. "Triathlete goes sub-2:40 to break course marathon record at Ironman championships". Running Magazine (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2017. Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  11. 11,0 11,1 "Daniela Ryf". SportStats (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  12. "Lucy Charles". SportStats (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  13. "Mirinda Carfrae". SportStats (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]