Calfucurá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCalfucurá
Nome orixinal(es) Juan Calfucurá
(arn) Kallfükura Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Llaima, Chile Editar o valor em Wikidata
Morte4 de xuño de 1873 Editar o valor em Wikidata
Provincia de La Pampa, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo mapuche Editar o valor em Wikidata
RelixiónRelixión mapuche Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónLonko , guerreiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua mapuche Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosManuel Namuncurá Editar o valor em Wikidata
ParentesCeferino Namuncurá (neto) Editar o valor em Wikidata

Juan Calfucurá ou Callvucurá (do mapuche: Kallfükura, 'pedra azul'; de kallfü, 'azul', e kura, 'pedra') nado en Llaima, ou entre Pitrufquén e o lago Colico,[1] Araucanía, c. século XIX e finado en Salinas Grandes de Macachín ou lagoa de Chilli-hué, na Pampa da Arxentina o 3 de xuño de 1873, foi un cacique ou lonco mapuche[n 1] do século XIX, pero cuxa actividade militar e política se desenvolveu principalmente na actual Arxentina e nas áreas controladas polos pobos indíxenas da rexión pampeana e da Patagonia oriental.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixe familiar e primeiros anos[editar | editar a fonte]

Segundo a tradición, Calfucurá naceu ao oeste dos Andes en Llaima, no Ngulu Mapu;[2] porén, outra versión sitúa o seu nacemento entre Pitrufquén e o lago Colico, tamén no actual territorio chileno.[1] Posiblemente entre 1760[3] e 1780.[4] E mesmo nunha data tan serodia como 1790.[5] Sería polo tanto, un moluche (nguluche, "occidental") dende o punto de vista dos mapuches asentados ao leste dos Andes, posiblemente huilliche[2] ou pehuenche con algo de sangue huilliche,[6] xa que ao chegar ás pampas ía acompañado precisamente de xinetes deses grupos étnicos.[7] Segundo autores como Rodolfo Casamiquela, Calfucurá era de estirpe pehuenche.

Era fillo do cacique Huentecurá (pedra de arriba), nado contra 1730, un dos xefes que axudou a José de San Martín no seu cruzamento dos Andes.[3] Tiña por irmáns a Antonio Namuncurá (pé de pedra),[2] pai do cacique Manuel Lefiñancú,[8] e ao poderoso toqui Santiago Reuquecurá ou Renquecurá (pedra que fai dúas -lava de volcán-),[9] que viviu entre 1800 e 1887,[10] líder de numerosas tribos pehuenches, e que podía poñer en pé de guerra máis de 2500 homes.[11]

Cacique xeral da Pampa[editar | editar a fonte]

Contra o ano 1830 Calfucurá cruzou os Andes e radicouse na gran chaira pampeana, chamado polos mapuches borogas que, tendo incumprido os acordos que tiñan coa Provincia de Buenos Aires, recibían constantes reclamos e ameazas por parte do gobernador Juan Manuel de Rosas.

Estes caciques, especialmente Rondeao e Melín, e se cadra outros como Cañiuquir ou Cañuillán, pediron a protección de Calfucurá. Mais cando este cruzou os Andes, aqueles xa acordaran a paz con Rosas e impidiron que Calfucurá pasase a malonear sobre a provincia, o que provocou a ira de Calfucurá ao verse traizoado. Isto agravouse aínda máis cando se decatou de que executaran en Tandil ao xefe Toriano, moi estimado por Calfucurá, que dirixiu a vinganza contra Rondeao e Melín e, o 9 de setembro de 1834, levou a cabo a matanza de Masallé sobre os borogas, matando a ámbolos dous xefes nos seus propios toldos situados na zona homónima.

Outra versión di que Juan Manuel de Rosas enviou a Calfucurá, a través do cacique Coñuepán, para eliminar os borogas da Pampa que rompían os tratados. Despois de matar os xefes borogas, comunicoulles aos demais xefes da rexión que por vontade do deus Guenechén se converteu en Xefe Supremo do goberno das Salinas Grandes (ou xefe xeral da Pampa). Este masacre, que conseguiu con aleivosía, escureceu a memoria de Calfucurá, mais decapitando o liderado dos borogas foille doado facerse co mando.

O suceso demostra que, entre os pobos que vivían na Pampa e Patagonia, non había unidade senón un estado de paz armada entre as tribos, que se rompía ao máis mínimo sinal de desconfianza, provocando constantes guerras entre as distintas tribos. A vinganza realizada por Calfucurá contra os borogas permitiulle a Rosas ampliar a fenda entre os indíxenas das distintas tribos, sinalando a Calfucurá como o grande inimigo dos borogas e inimigo do goberno, animando a este pobo a unirse contra Calfucurá. Os borogas reaccionaron, axudados polas tropas brancas da Fortaleza Protectora Arxentina e os seus auxiliares indíxenas dirixidos por Venancio Coñoepán, obrigando a Calfucurá a fuxir polo camiño de Chalileo.

A partir de 1835, Calfucurá formou unha confederación con base en Chillué ou Chilihué ("Novo Chile" segundo Estanislao Zeballos,[12] tradución posta en dúbida por Magrassi)[13] nas Salinas Grandes. En 1837 derrotou e matou con mil lanzas o cacique mapuche boroga Railef, procedente da Araucanía, xunto a 500 dos seus guerreiros, no lugar chamado Quentuco, sobre o río Colorado, despois de que este lle fixese un malón con 2000 indíxenas sobre Buenos Aires, Córdoba e Santa Fe e regresaba á Araucanía con 100 000 cabezas de gando.[14]

Calfucurá dominaba un extenso territorio que abranguía a maior parte da provincia de Buenos Aires, San Luis e o sur de Mendoza e as actuais Neuquén, Río Negro e A Pampa,[15] recibindo o alcume de Emperador das Pampas.[16][17] Polo seu control das Salinas Grandes do sur, tiña no seu poder tanto un punto estratéxico das "rastrilladas" -que eran as rutas comerciais mapuches na pampa- como o dominio do sal, substancia fundamental naquel momento para a conservación da carne.

A boa relación de Rosas con Calfucurá só se produciu despois de 1841, cando o xefe se convenceu da imposibilidade de impoñerse ao goberno de Buenos Aires. Ata ese momento, Calfucurá fora o máis acérrimo inimigo de Rosas, así como os xefes ranqueles Yanquetruz e Painé e outros xefes de orixe pehuenche e huilliche.

Rosas concedeu entón a Calfucurá o grao de coronel do exército da Provincia de Buenos Aires e aliouse con el, como xa fixera con moitos borogas, tehuelches do norte e do sur e huilliches, asinando un pacto polo que debía recibir anualmente 1500 eguas, 500 vacas, bebidas, roupas, herba, azucre e tabaco. Estes bens foron redistribuídos polo xefe entre os seus aliados, especialmente entre os seus compañeiros chegados do oeste da serra, que cubrían as costas ante un posible ataque dos rivais.

Despois de facer a paz con Buenos Aires, ademais, durante a década de 1840, Calfucurá acadou o dominio da rexión pampeana, aliándose cos ranqueles de Painé e cos "manzaneros" de Valentín Sayhueque, que fixeron paz con Casimiro Biguá, xefe principal dos tehuelches, que tamén deu a Calfucurá o dominio da Patagonia norte.[18] Ademais, estableceu unha alianza cos goteches (arribanos) da Araucanía do xefe Quilapán[19] e a través deles cos pehuenches de Purrán, que controlaba os portos de montaña.[20] Estas alianzas permitíronlle enfrontarse durante moitos anos e con considerable éxito aos exércitos chilenos e arxentinos e aos seus rivais indíxenas, nagches de Colipí e Coñoepán na Araucanía, Catriel (que soubo aliarse con Calfucurá durante moito tempo, como na batalla de Sierra Chica) e Ignacio Coliqueo na pampa.[21]

Caída de Juan Manuel de Rosas[editar | editar a fonte]

Calfucurá enviou guerreiros a formarse nas filas de Rosas na batalla de Caseros, o 3 de febreiro de 1852, que culminou coa caída de Rosas e o ascenso do triunfante gobernador de Entre Ríos Justo José de Urquiza. Ao día seguinte atacou Bahía Blanca con 5000 guerreiros,[22] e robou 65 000 cabezas de gando.[23] A partir da caída de Rosas, fixo a guerra ao goberno estabelecido na Arxentina, aínda que con longos períodos de paz entre os seus ataques.

Dende o derrocamento de Rosas perdeuse irremediablemente a pacificación acadada ata agora con case todas as tribos de distintas orixes, e especialmente con Calfucurá. Así, a pacificación das fronteiras e os negocios pacíficos dos indíxenas quedaron completa e definitivamente destruídos. Aquel mítico gobernante da pampa, que chegara a paz cos "huincas", volveu entón á guerra dos malóns.

Para congraciarse con Urquiza, Calfucurá enviu, en 1854, a Paraná - a capital da Confederación Arxentina- ao seu fillo Manuel Namuncurá, quen se convirteu ao catolicismo. Na procura dunha alianza con Urquiza, arrasou con 5000 guerreiros a cidade de Azul, o 13 de febreiro de 1855, causando a morte de 300 persoas, levando 150 cativas e 60 000 cabezas de gando. Foi perseguido por Bartolomé Mitre, sobre o cal Calfucurá obtivo a vitoria na batalla de Sierra Chica (preto de Olavarría), recibindo dende entón o alcume de Napoleón do deserto. En setembro de 1855 derrotou e matou o comandante Nicanor Otamendi xunto a 125 dos seus soldados na estancia de San Antonio de Iraola e despois saqueou a vila de Puntas de Arroyo Tapalqué. Mitre organizou entón o Exército de Operacións do Sur, con 3000 soldados e 12 pezas de artillaría ao mando do xeneral Manuel Hornos.[24]

O 29 de outubro de 1855, Calfucurá derrotou a Hornos en San Jacinto, entre as montañas de San Jacinto e o regueiro Tapalqué, morrendo 18 oficiais e 250 soldados no bando do goberno. Tras esta vitoria, as forzas de Calfucurá atacaron as localidades de Cabo Corrientes, Azul, Tandil, Cruz de Guerra, Junín, Melincué, Olavarría, Alvear, Bragado e Bahía Blanca. Estes malóns provocaron un gran temor en toda a fronteira e a necesidade de buscar unha solución ao problema indio.[25]

O exército de Calfucurá en 1856 estimábase en 6.000 guerreiros: 1.500 ranqueles, 2.000 "pampas", 1.000 "chilenos" (seguidores de el mesmo e dos caciques Cañumil, Quentriel e outros), 800 araucanos (traídos do outro lado dos Andes) e 700 pehuenches. Esta foi unha clara proba do control do lonco dun territorio amplo e variado.[26] Calfucurá nunca recibiu apoio material do seu principal aliado, Valentín Sayhueque, quen se negou a participar nos malóns que levaban a cabo os outros xefes.[27] En gran medida isto debeuse aos esforzos da diplomacia bonaerense para evitar que as numerosas tropas de manzaneros apoiasen á Pampa no seu esforzo bélico.[28]

Un novo gran malón levouse a cabo en xuño de 1870. Calfucurá atacou Tres Arroyos con 3.500 a 6.000 lanceiros e arrasouno. Despois, en outubro fixo o propio en Bahía Blanca, matando a cincuenta crioulos, secuestrando numerosos cativos e capturando 80 000 cabezas de gando.[29] Solicitou apoio aos tehuelches para atacar tamén Carmen de Patagones, pero estes, entendendo que o seu obxectivo era facerlles perder o último centro comercial que lles quedaba cos "cristiáns", non só non o apoiaron senón que lle fixeron saber que o defenderían, polo que a cidade se salvou do ataque.[30][31]

En marzo de 1872, tras o ataque ás tellerías dos xefes tehuelches Manuel Grande, Gervasio Chipitruz e Calfuquir polo coronel Francisco de Elías, comandante da fronteira sur con quen asinara un acordo de paz en 1870, entrou en Veinticinco de Mayo e levou canda si a todos os indíxenas que se renderan ao goberno, polo que o presidente Domingo Faustino Sarmiento ordenou atacalo. Calfucurá declarou formalmente a guerra a Sarmiento e saqueou con 8000 lanzas as cidades de Veinticinco de Mayo, Alvear e Ciudad de Nueve de Julio con 8000 lanzas, o que provocou 300 mortos civís, 500 cativos e entre 150.000 e 200.000 reses roubadas,[32] mais o 11 de marzo de 1872 foi derrotado na batalla de San Carlos de Bolívar, no actual partido bonaerense do Bolívar, polo xeneral Rivas e os guerreiros do xefe Catriel.[29]

Pasamento[editar | editar a fonte]

Calfucurá morreu o 3 de xuño de 1873, sendo sucedido polo seu fillo Manuel Namuncurá, aínda que unha guerra civil estaba a piques de producirse dentro da súa tribo pola sucesión. Manuel tivo que enfrontarse ao seu irmán primoxénito, considerado herdeiro lexítimo, José Millaquecurá ("pedra que se parece ao ouro"), e a outro irmán, Bernardo Namuncurá, este último apoiado polos seus parentes, os caciques Carupancurá ("pedra verde do revés" ou de costas), Melicurá (catro pedras) e Carumanqueucurá (pedra do cóndor verde), e polo seu irmán máis vello, José Morales Catricurá (pedra partida ou dividida).

Manuel foi apoiado polo seu irmán máis novo, Álvaro Reumaycurá ("duro coma a pedra"), tamén chamado Albarito ou Alvarito Rumay, quen durante o gran parlamento mantido para decidir quen sería o novo xefe quedou preto con centos de lanzas. Por iso organizouse un triunvirato formado por Manuel, Bernardo e Álvaro, aínda que en 1875 o primeiro desprazara aos outros dous e era o único líder da tribo. Catricurá someteuse posteriormente ao seu irmán mentres Millaquecurá morreu en combate en 1879.

En 1879, durante a conquista do Deserto, a súa tumba foi profanada por soldados ás ordes de Nicolás Levalle, en vinganza polos mortos a mans do xefe.[33] Os seus restos foron trasladados posteriormente ao Museo de Ciencias Naturais de La Plata]] a finais do século XIX,[34] onde aínda permanecen. Hai varias solicitudes en conflito para que sexan devoltos aos seus descendentes.[35][36]

O seu neto, Ceferino Namuncurá, que morreu en Roma en 1905 mentres estudaba para facerse sacerdote salesiano católico, foi elevado aos altares como beato o 11 de novembro de 2007.

Restitución[editar | editar a fonte]

A Lei 25.517, de finais de 2001, establece que “os restos mortais dos aborixes, sexan cales sexan as súas características étnicas, que formen parte de museos e/ou coleccións públicas ou privadas, deben poñerse a disposición dos pobos e/ou comunidades indíxenas de pertenza que os reclaman".[37] As comunidades orixinarias de Buenos Aires, A Pampa e Neuquén, lograran que o 3 de xuño de 2020,[38] ao cumprirse 146 anos da morte de Calfulcurá, o seu cranio fose restituído polas autoridades da Facultade de Ciencias Naturais e o Museo da Universidade Nacional de La Plata e regresase ao territorio pampeano, tal como acordaran os referentes das comunidades.[39] Porén, por mor da pandemia de COVID-19, este evento foi adiado e aínda non se acordou unha nova data para a restitución.

Lendas[editar | editar a fonte]

Arredor da figura de Calfucurá tecéronse numerosas lendas, mesmo mentres estaba con vida. Dicíase, por exemplo, que tiña dous corazóns ou que tiña ao seu servizo un witranallwe (xinete fantasmal) que lle axudaba nas batallas. Segundo crían os seus seguidores, cando Calfucurá era neno recibiu unga pequena piedra cherüwfe (meteorito) de cor azul de mans dun huecufu (espírito maligno), converténdoo en invencible.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Do lado occidental da cordilleira dos Andes.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 El Mercurio (18 de novembro de 2007). "La sangre chilena del nuevo beato mapuche argentino" (HTML). Consultado o 10 de febreiro de 2013. Juan Calfucura [...] nació entre Pitrufquén y el lago Colico [...] "Yo soy chileno [...]", dijo el 27 de abril de 1861 
  2. 2,0 2,1 2,2 Omar Lobos (2008). Los mapuches. Buenos Aires: Ediciones del Sol, pp. 53
  3. 3,0 3,1 Revista del Centro de Estudios Genealógicos de Buenos Aires. Ano 1. Parte 1. Centro de Estudios Genealógicos de Buenos Aires, 1979, pp. 23
  4. Álvaro Yunque (1970) [1956]. Historia de los argentinos: Calfucurá, la conquista de las pampas. Tomo IV. Buenos Aires: Ediciones Ánfora. pp. 173
  5. Meinrado Hux (2004). Caciques Huilliches y Salineros. Buenos Aires: El Elefante Blanco, pp. 83
  6. Jorge Óscar Sulé (2007). Rosas y sus relaciones con los indios. Buenos Aires: Corregidor, pp. 169
  7. Sulé, 2007: 181
  8. Meinrado Hux (2004). Caciques Huilliches y Salineros. Buenos Aires: El Elefante Blanco, pp. 289
  9. Almanaque del Ministerio de Agricultura, 1929, pp. 489.
    Renque - Cura (Cacique). Reu, oleaje: olas; que, siquiera, mal que bien, a pesar de todo; cura, piedra: "Piedra que hace dos" (lava de volcán).
  10. Meinrado Hux (1991). Caciques huilliches y salineros. Buenos Aires: Marymar Ediciones, pp. 169
  11. Bechis, 2008: 48
  12. Nota: Llegó la caravana chilena á un país llamado Chilihué (Nueva Chile), porque forma una angosta y prolongada faja de terreno fértilísimo, cauce de una corriente cuaternaria, á veces tan ancha como el mismo rio Paraná (...) Recuerdos argentinos: Callvucurá y la dinastía de los Piedra. Pág. 11. Escrito por Estanislao Severo Zeballos. Publicado por J. Peuser, 1890
  13. Lenton, Isabel. 1998. Los araucanos en la Argentina: un caso de interdiscursividad nacionalista Arquivado 16 de xuño de 2009 en Wayback Machine.. III Congreso Chileno de Antropología. Temuco.
  14. Liborio Justo (1969). A sangre y lanza. Buenos Aires: Ediciones Anaconda, pp. 319
  15. Fernando Córdova (2005). "Leyendas, mitos, cuentos y otros relatos mapuches". Buenos Aires: Longseller. ISBN 978-9-87550-102-7.
  16. Álvaro Barros (1975). Fronteras y territorios federales de las pampas del sur. Buenos Aires: Librería Hachette, pp. 21.
  17. Raquel Atena Green (2010). Borges y revista multicolor de los sábados. Buenos Aires: Peter Lang, pp. 16. ISBN 978-0-82043-467-4. No seu ensaio Un Emperador, Pablo Rojas Paz fai un paralelo entre a figura de Calfucurá e a de Xenxis Kan.
  18. Bengoa, 2000: 99
  19. Bengoa, 2000: 85
  20. Bengoa, 2000: 94
  21. Bengoa, 2000: 88
  22. Adalberto A. Clifton Goldney (1956). El cacique Namuncurá: último soberano de la Pampa. Buenos Aires: Librería Huemul, pp. 249.
  23. Nelio Hugo Lucarini (1987). El araucano: el extraño romance del cacique araucano. Buenos Aires: Editorial Argenta Sarlep, pp. 9
  24. Marley, David (2008). Wars of the Americas: A Chronology of Armed Conflict in the Western Hemisphere, 1492 to the Present. Tomo I. Santa Bárbara: ABC-CLIO, pp. 781. ISBN 978-1-59884-101-5.
  25. Batalla de San Carlos, el comienzo del fin
  26. Miguel Navarro Viola, Vicente Gregorio Quesada (1865). La Revista de Buenos Aires. Tomo VI. Buenos Aires: Imprenta de Mayo, pp. 52
  27. María del Carmen Espósito & Óscar Armayor (2004). Arte mapuche: la historia de su pueblo, el mundo religioso, el arte textil, la platería, instrumentos musicales, alfarería, cestería y tallado. Buenos Aires: Ediciones Guadal, pp. 27-28. ISBN 978-9-87113-487-8.
  28. "Tratado de paz entre el Gobierno Nacional y el Cacique Sayhueque". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 09 de maio de 2024. 
  29. 29,0 29,1 Rodolfo A. Raffino (2005). El Jorge Newbery de Salliqueló. Buenos Aires: Editorial Dunken, pp. 19. ISBN 978-9-87021-236-2. Grazas aos tratados asinados en 1857 e 1866, os caciques Catriel, os boroanos Coliqueo e Cachul abandonaron a confederación de Calfucurá e pasaron a aliarse cos arxentinos. Asentáronse en Azul, Junín e Tapera de Díaz (actual Los Toldos). Os ranqueles asentáronse no sur de Córdoba, San Luis e o norte da Pampa.
  30. Musters, George Chaworth (2009). At Home with the Patagonians. Cambridge University Press. ISBN 978-1-107-33908-8. Consultado o 24 de xuño de 2020. 
  31. Veniard, Juan María (1998). Academia Nacional de la Historia de la República Argentina, ed. La informaciones geográficas de los indígenas de la Patagonia en sus conunicaciones con los españoles. Siglo XVIII. Análisis y comentarios. (en español). p. 540. 
  32. Raffino, 2005: 19-20; Bengoa, 2000: 259
  33. Meinrado Hux (2004). Caciques huilliches y salineros. Buenos Aires: Elefante Blanco, pp. 190. ISBN 978-9-87922-365-9.
    La Prensa do 26 de xaneiro de 1879, referiuse ao descubrimento: o cadáver tiña dúas espadas xunto ás mans, entre outras pertenzas que os indios utilizaban para enterrar co falecido.
  34. "La Pulseada - Restos humanos en el Museo de Ciencias Naturales de La Plata (2006)". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2016. Consultado o 5 de febreiro de 2012. 
  35. "Calfulcurá, Señor de las pampas.". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 5 de setembro de 2007. 
  36. "Ley 25517". argentina.gob.ar. Estado argentino. Consultado o 30 de agosto de 2023. 
  37. "Podrían restituir los restos de Calfucurá a La Pampa". La Arena La Pampa (en castelán). 13 de maio de 2019. Consultado o 8 de xuño de 2020. 
  38. "Comienza el proceso de restitución de Calfucurá". www.soc.unicen.edu.ar. Consultado o 8 de xuño de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bechis, Martha (2008). Piezas de Etnohistoria Del Sur Sudamericano. Madrid: CSIC-Dpto. de Publicaciones.
  • Bengoa, José (2000) [1985]. Historia del pueblo mapuche: siglo XIX y XX. Santiago de Chile: LOM Ediciones. ISBN 956-282-232-X.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]