CSP Limoges
| CSP Limoges | |
| Liga | LNB |
| Fundado en | 1929 |
| Historia | 1929-presente |
| Pavillón | Palais des sports de Beaublanc (6000 espectadores) |
| Cidade | Limoges, Francia |
| Cores | Granate, dourado |
| Presidente | |
| Adestrador | |
| Títulos | 1 Euroliga 1 Recopa de Europa 3 Copa Korac 9 Ligas francesas 3 Copas de Francia 3 Copas da Federación |
| Web | |
O Cercle Saint-Pierre de Limoges (CSP Limoges) é o nome dun club de baloncesto francés da cidade de Limoges. O club foi fundado en 1929 e vivíu os seus mellores momentos nos anos '80 e '90, cando conquistou os máis importantes títulos de Francia en diversas ocasións, así como diversos títulos europeos, incluída a Euroliga conquistada en 1993. Na tempada 1981-82 e 1982-83 gañou a Copa Korac contra o Sibenka Sibenik. A primeira foi en Pádova (por 90-84) e a segunda en Berlín (por 94-86). Na tempada 1987-88 gañou a Recopa en Grenoble contra o Juventut de Badalona (96-89).
O principal triunfo do CSP Limoges foi a Euroliga na tempada 1992-93 en Atenas tras derrotar ao favorito, o Real Madrid de Sabonis, e ao Benetton Treviso por (59-55) na final. Finalmente na tempada 1999-2000 volveu gañar unha Copa Korac ao Unicaja Málaga ao gañar en Francia por 80-58 e perder en Málaga por 60-51.
Desputa os seus encontros no "Palais des sports de Beaublanc".
No 2004 viuse obrigado a perder a máxima categoría do baloncesto francés debido a graves problemas económicos e xudiciais. Na tempada 2005-06 subíu á categoría Pro-B.
Índice |
Palmarés [editar]
Títulos internacionais [editar]
- 1 Euroliga: 1993.
- 1 Recopa de Europa de Baloncesto: 1988.
- 3 Copa Korac: 1982, 1983 e 2000.
Títulos nacionais [editar]
- 9 LNB: 1983, 1984, 1985, 1988, 1989, 1990, 1993, 1994 e 2000.
- 3 Copas de Francia: 1994, 1995 e 2000.
- 3 Copas da Federación: 1982, 1983 e 1985.
Xogadores históricos [editar]
Jim Bilba, Gregor Beugnot, Yann Bonato, Michael Brooks, Don Collins, Richard Dacoury, Frédéric Forté, Jacques Monclar, Hugues Occansey, Stéphane Ostrowski, Jean-Michel Sénégal, Jimmy Vérove, Yves-Marie Vérove, Mike Davis, José Montero, Frédéric Weis, David Leroy Wood, Jurij Zdovc e Michael Wayne Young entroutros.