Pulp Fiction

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pulp Fiction
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalPulp Fiction
DirectorQuentin Tarantino
ProdutorLawrence Bender
GuiónQuentin Tarantino
Roger Avary
IntérpretesJohn Travolta
Samuel L. Jackson
Uma Thurman
Bruce Willis
Harvey Keitel
Tim Roth
Amanda Plummer
Maria de Medeiros
Ving Rhames
Eric Stoltz
Rosanna Arquette
Christopher Walken
FotografíaAndrzej Sekula
MontaxeSally Menke
EstudioA Band Apart
Jersey Films
DistribuidoraMiramax Films
EstreaCannes: 12 de maio de 1994
14 de outubro de 1994
Galicia outono de 1998 (TVG)
Duración154 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia negra
OrzamentoUS$8 500 000[2][3]
Recadación$213 900 000[2]
Na rede
http://www.miramax.com/movie/pulp-fiction
IMDB: tt0110912 Filmaffinity: 160882 Allocine: 10126 Rottentomatoes: m/pulp_fiction Mojo: pulpfiction Allmovie: v131235 TCM: 87358 Metacritic: movie/pulp-fiction TV.com: movies/pulp-fiction Netlix: 880640Editar o valor em Wikidata

Pulp Fiction é un filme estadounidense do ano 1994, gañador dun Oscar, escrito e dirixido por Quentin Tarantino, e protagonizado por John Travolta, Bruce Willis, Samuel L. Jackson e Uma Thurman, entre outros.

Está considerado coma un dos representantes do cinema posmoderno.[4] Ademais, a súa estrutura non lineal e o seu estilo pouco convencional fixeron que se convertese nun filme de culto, cuxa inflúencia é notable noutras obras.

Estreouse en galego na TVG no outono de 1998.[5]

Sinopse[editar | editar a fonte]

O filme consta de tres historias curtas que Tarantino escribiu cando era novo; historias que se mesturan conforme avanza o filme. A trama comeza cun home e unha muller chamados Pumpkin (Tim Roth) e Honey Bunny (Amanda Plummer) nunha cafetería, que se dispoñen a atracar. Logo dos créditos, a historia segue cuns «gángsters», Vincent Vega (John Travolta) e Jules Winnfield (Samuel L. Jackson), que son enviados polo seu xefe Marsellus Wallace (Ving Rhames) ó piso duns raspiñeiros chamados Marvin (Phil LaMarr), Brett (Frank Whaley) e Roger (Burr Steers) a recuperar unha estraña maleta cuxo contido nunca é revelado. Ó chegar ó piso recuperan a maleta e matan a Roger e a Brett. Entón dá comezo á primeira historia: «Vincent Vega e a esposa de Marsellus Wallace». Nesta historia, Vincent ha de levar a cear a un asador a Mia (Uma Thurman), a esposa de Marsellus, xa que el ten que ausentarse.

A segunda historia: «O reloxo de ouro» narra a estafa de Butch (Bruce Willis) a Marsellus Wallace e a súa problemática fuxida da cidade.

Na terceira, «A situación con Boonie», estamos outra vez no piso no que Vincent e Jules matan a Roger e a Brett, onde termina a escena na que nos quedamos anteriormente. De súpeto aparece un cuarto home do baño (Alexis Arquette) que lles dispara sen chegar a darlles. O cuarto home é seguidamente asasinado por Vincent e Jules. Tras saír do edificio con Marvin, que en realidade era amigo de Jules, soben ó coche e Vincent, accidentalmente dispáralle na cabeza a Marvin, polo que teñen que esconder o coche e arranxalo. Escóndeno en casa dun amigo de Jules, Jimmie (Quentin Tarantino) e coa axuda do Señor Lobo (Harvey Keitel) arránxano. Logo pasamos ó epílogo no cal Vincent e Jules están na cafetería na que estaban Pumpkin e Honey Bunny ó principio.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

1. Mellor película

2. Mellor director (Quentin Tarantino)

3. Mellor actor (John Travolta)

4. Mellor actor secundario (Samuel L. Jackson)

5. Mellor actriz secundaria (Uma Thurman)

6. Mellor guión orixinal: "GAÑADORA"

7. Mellor montaxe

Banda sonora[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. British Board of Film Classification (ed.). "PULP FICTION". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2015. Consultado o 11 de novembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 Box Office Mojo (ed.). "Pulp Fiction (1994)". Consultado o 13 de maio de 2012. 
  3. Waxman (2005), p. 67; Biskind (2004), p. 170; Polan (2000), p. 69; Dawson (1995), pp. 147–148.
  4. Charyn, Jerome (2009). Quentin Tarantino (en francés). ISBN 2-20725709-6. 
  5. YouTube (ed.). "Filadelfia na TVG". Consultado o 11 de decembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]