Unbreakable
| Unbreakable | |
|---|---|
| Título orixinal | Unbreakable |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | M. Night Shyamalan |
| Produtor | M. Night Shyamalan Barry Mendel Sam Mercer Roger Birnbaum Gary Barber |
| Guión | M. Night Shyamalan |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Bruce Willis Samuel L. Jackson Robin Wright Penn Spencer Treat Clark |
| Música | James Newton Howard |
| Fotografía | Eduardo Serra |
| Montaxe | Dylan Tichenor |
| Estudio | Blinding Edge Pictures Barry Mendel Productions Limited Edition Productions Inc. |
| Distribuidor | Touchstone Pictures |
| Ano | 2000 |
| Duración | 106 minutos |
| País | |
| Xénero | Thriller, Sobrenatural |
| Orzamento | $75.000.000[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Unbreakable é un filme estadounidense escrito, producido, e dirixido por M. Night Shyamalan que foi estreado no 2000. Protagonizado por Bruce Willis e Samuel L. Jackson, Unbreakable conta a historia dun garda de seguridade de Philadelphia, David Dunn, que lentamente descobre que é un superheroe.
Índice |
Argumento [editar]
Elijah Price (Samuel L. Jackson) naceu con osteoxénese imperfecta do tipo I, unha rara enfermidade que provoca que os ósos do corpo rompan doadamente. Afeccionado e debuxante de banda deseñada, durante as súas longas estadías no hospital, Price teoriza sobre o feito de que se el é fráxil en extremo, tamén é probable que exista outra persoa que sexa forte no extremo oposto.
Anos despois, o garda de seguridade David Dunn (Bruce Willis) está tamén buscando o senso da súa existencia. Deixou unha prometedora carreira no fútbol americano por casar coa súa muller Audrey (Robin Wright Penn), pero tempo despois o seu matrimonio fracasou.
Máis tarde prodúcese un accidente ferroviario. Cento dezaoito persoas e sete tripulantes viaxaban no tren de pasaxeiros. Só se atopou un sobrevivente: David Dunn. Elijah Price, proponlle unha estraña explicación que xustificaría por qué David saíu indenne do accidente, unha explicación que podería cambiar para sempre a vida de David.
Personaxes [editar]
- Bruce Willis como David Dunn
- Samuel L. Jackson como Elijah Price
- Robin Wright Penn como Audrey Dunn
- Spencer Treat Clark como Joseph Dunn
- Charlayne Woodard como Mrs. Price
- Eamonn Walker como Dr. Mathison
- M. Night Shyamalan como Repartidor de droga do estadio
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
|
|||||||||||