Bridgeport, Connecticut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bridgeport
Bridgeport seal.png Bridgeport flag.png
Situación xeográfica
US-CT-Bridgeport.png
(Localización da cidade no Estado)
País: Estados Unidos de América
Estado: Connecticut
Condado: Fairfield
Incorporada: 1836
Alcalde: John M. Fabrizi
Xeografía
Altitude: msnm
Superficie: 41,4 km²
Poboación
Poboación total: 137.912[1]
Densidade de poboación: 3,354
Información
Sitio na web: http://www.ci.bridgeport.ct.us

Bridgeport é a cidade con mais poboación do estado de Connecticut, e a quinta cidade máis grande de Nova Inglaterra. Situada no Condado de Fairfield, a cidade ten unha poboación estimada de 137.912[1] habitantes e é o corazón da área de Greater Bridgeport, que está considerada parte da área de mercado de traballo da cidade de Nova York.

A cidade é bastante coñecida pola súa conexión a veciños famosos, empresarios do circo e o unha vez alcalde P.T. Barnum. Barnum construíu tres casas na cidade, e organizou un circo na cidade durante varios invernos.

Bridgeport foi orixinalmente parte do municipio de Stratford. O primeiro asentamento aquí tivo lugar en 1659. Chamouse Pequonnock ata 1695, cando o seu nome cambiouse a Stratfield, debido á súa situación entre as xa existentes cidades de Stratford e Fairfield. Durante a Revolución Americana converteuse nun centro de piratería. En 1800 o municipio de Bridgeport rexistrouse como tal e en 1821 foi incorporado o concello. A cidade non aprobou os seus estatutos ata 1836.

A cidade foi o lugar de residencia da Compañía Frisbie Pie polo que se considerou que Bridgeport é lugar de nacemento do frisbee[2].

A comunidade ten dous hospitais, o Hospital Bridgeport e o Centro Médico de San Vicent.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros anos[editar | editar a fonte]

Vista leste de Bridgeport, por John Warner Barber (1836)

Os primeiros anos de Bridgeport estiveron marcados por unha dependencia da pesca e a agricultura, como outras moitas cidades en Nova Inglaterra. A situación da cidade no profundo porto de Newfield fomentou un boom na construción naval e na caza de baleas a mediados do século XIX, especialmente logo da apertura da liña do ferrocarril á cidade en 1840. A cidade pronto se industrializou a finais do século XIX e converteuse nun centro industrial de produción de produtos como a famosa fresadora de Bridgeport, accesorios de latón, carruaxes, máquinas de coser, suxeitadores, cadeiras de montar e munición.

A visita de Abraham Lincoln[editar | editar a fonte]

O sábado, 10 de marzo de 1860, Abraham Lincoln falou no Washington Hall, un auditorio que entón era o xulgado do condado de Fairfield (agora McLevy Hall), na esquina das rúas State e Broad. Non só estaba ata os topes o salón máis grande da cidade, senón que unha gran multitude tivo que quedar fóra. El recibiu unha incrible ovación antes de coller o tren ás 9:07 esa noite de volta a Manhattan[3][4]. Agora hai unha placa conmemorativa en Bridgeport onde el deu o discurso. (En 2006, xusto ao cruzar a rúa, en Polea Dot Playhouse, o Presidente George W. Bush deu un discurso ante un pequeno e selecto grupo de empresarios e funcionarios sobre a reforma da asistencia sanitaria.)

Historia posterior[editar | editar a fonte]

En 1930, Bridgeport foi un próspero centro industrial con máis de 500 fabricas e unha poboación inmigrante en auxe.

Como outros centros urbanos en Connecticut, Bridgeport saíu peor parado durante a industrialización dos Estados Unidos nas décadas de 1970 e 1980. Elevouse o desemprego, aumentou o crime, e a cidade converteuse en coñecida polos seus problemas serios de drogas. Descubriuse que moitos ex-emprazamentos industriais da cidade estaban altamente contaminados, deixando a Bridgeport cun importante custo e dano ambiental. Outros emprazamentos foron simplemente abandonados e queimados, deixando algunhas áreas da cidade coma se fosen cidades pantasma.

Complexo industrial en Bridgeport.

A principios do século XXI, Bridgeport está recuperándose logo dunha perda de traballos e poboación, e estase transformando en centro de industrias de servizos e como rexión periférica da área metropolitana de Nova York (por exemplo, a cidade en si mesma é un oasis de vivendas de relativo baixo custo nunha rexión extremadamente cara).

En 1987, o proxecto residencial L'Ambiance Plaza que se atopaba en construción naquel momento, derrubouse matando a 28 traballadores da construción.

Como outras cidades do nordeste que sofren o decline industrial derivado dos efectos da finalización da Segunda Guerra Mundial, Bridgeport fixo a miúdo esforzos de rehabilitación. Unha proposta foi feita polo promotor de Las Vegas Steve Wynn de construír un gran casino na propiedade, pero por unha serie de razóns, ese proxecto non chegou a materializarse. Máis recentemente, A Cidade de Bridgeport deu pasos para adquirir as últimas parcelas privadas. Moitos edificios históricos estanse tamén rehabilitando e converténdose en vivendas residenciais.

Xeografía e clima[editar | editar a fonte]

Bridgeport está situada no Long Island Sound, na boca do Río Pequonnock.

De acordo co a oficina do Censo de Estados Unidos, a cidade ten un área total de 50,2 km². 41.4 km² deles son terra e 8,8 km² (17.53%) son auga.

Bridgeport atópase dentro do cinto climático Continental Húmido, con tempo amornado a ocasionalmente quente e veráns húmidos e invernos fríos e nevados. Os extremos estacionais son un tanto moderados en Long Island Sound. As augas adxacentes están en Bridgeport varios graos máis frías no verán e no inverno máis suave con menos neve que noutras localizacións máis afastadas da costa. A cidade recibe 41.7 polgadas de precipitación e sobre 25.6 polgadas de neve de media ao ano. A marca do inverno máis nevado é 1996 xa que Bridgeport recibiu 76.8 polgadas de neve.[5]

Temperaturas mensuais normales e altas e baixas extremas
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xun Xul Ago Set Out Nov Dec
Ext alta °F 68 67 84 91 97 96 103 100 99 86 78 76
Norm alta °F 36.9 38.8 46.9 57 67.4 76.4 81.9 80.7 73.6 63.1 52.6 42.1
Norm Baixa °F 22.9 24.9 32 40.7 50.6 59.6 66 65.4 57.7 46.3 37.5 28
Ext baixa °F -7 -5 4 18 31 41 49 44 36 26 16 -4
Precip (Polgadas) 3.73 2.92 4.15 3.99 4.03 3.57 3.77 3.75 3.58 3.54 3.65 3.47
Fonte: USTravelWeather.com [2]

Demografía[editar | editar a fonte]

A partir do censo do ano 2000, había 139.529 habitantes, 50.307 casas, e 32.749 familias residindo na cidade. A densidade de poboación era de 3.367,0/km² (8,720.9/mi²). Había 54.367 vivendas nunha densidade media de 1.312,0/km² (3,398.1 mi²). A composición racial da cidade era de 45,02% de brancos, 30,76% de Afroamericanos, 0,48% de nativos americanos, 3,25% de asiáticos, 0,11% de insulares do Pacífico, 14,81% doutras razas, e 5,57% de dúas ou máis razas. O 31,88% da poboación eran de raza hispana ou latina.

Unha típica escea urbana en Bridgeport

Había 50.307 vivendas das cales o 34,3% tiñan nenos por baixo dos 18 anos vivindo con eles, 35% de parellas novas casadas, 24% tiña unha propietaria feminina sen marido, e 34,9% non eran familias. 29% das vivendas estaban constituídas por individuos e 11,3% por alguén de 65 anos ou maior vivindo só. A media do tamaño das casas era de 2,70 e a media do tamaño da familia era de 3,34.

Na cidade a poboación dividíase cun 28,4% en menores de 18 anos, 11,2% dos 18 aos 24, 30,5% de 25 a 44, 18,4% de 45 a 64, e 11,5% de maiores de 65 anos. A idade media era de 31 anos. Por cada 100 mulleres había 91,2 homes. Por cada 100 mulleres de menos de 18 anos, había 86,3 homes.

A media dos ingresos dun fogar na cidade era de 34.658, $e a media para unha familia era de 39.571 dólares. Os homes tiñan unha media de ingresos de 32.430 en contra dos 26.966 das mulleres. O ingreso per capita da cidade era de 16.306 dólares. Sobre o 16,2% das familias e o 18,4% da poboación estaban por baixo da liña da pobreza, incluíndo o 24,8% deses por baixo dos 18 anos e o 13,2% dos maiores de 65 anos.

Educación[editar | editar a fonte]

En Bridgeport atópase a Universidade de Bridgeport e a Housatonic Community College.

O sistema de colexios públicos da cidade componse de 30 colexios de educación primaria, 3 de educación global, 2 de programas alternativos e unha escola de formación profesional de acuicultura. O sistema ten sobre 23.000 estudantes o que fai que Bridgeport sexa o segundo sistema escolar máis grande de Connecticut. Este sistema escolar emprega a máis de 1.700 profesionais.

A cidade empezou unha gran renovación escolar e un programa de construción, con plans para novas escolas e modernización dos edificios existentes.

Institutos[editar | editar a fonte]

  • Bassick High School, sede do Business Magnet
  • Central High School establecido en 1876, sede do Central Magnet, é o instituto máis grande de todos
  • Warren Harding High School que é sede do Progama Internacional de Bacharelato así como tamén do Programa Magnet de Saúde que está asociado ao Hospital de Bridgeport St. Vincent's Medical Center ao norte de Bridgeport.
  • O Colexio Rexional Vocacional de Acuicultura de Bridgeport está situado preto da histórica Captain's Cove (Cala do Capitán) e está aberto a estudantes das cidades dos arredores. É unha das primeiras escolas especializadas en estudos mariños e de acuicultura.
  • Bullard Havens Technical High School é un instituto de formación profesional. (Público)
  • Kolbe Cathedral High School: instituto exclusivamente Católico de Bridgeport
  • A Academia Bridge: Instituto de Educación Secundaria de Bridgeport

Bridgeport ten tamén varios colexios Católicos. San Ambrose, o máis grande de todos, San Rafael, San Agustín e San Pedro.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

Bridgeport é famosa por ter un alcalde socialista durante 24 anos; Jasper McLevy serviu como alcalde desde 1933 ata 1957. Os alcaldes máis recentes, incluído Joseph Ganim, foron acusados de corrupción, reflectindo un patrón similar a outros centros urbanos de Connecticut. En xuño de 2006, o alcalde John M. Fabrizi admitiu tomar cocaína desde que empezase o seu mandato, pero que levaba un ano sen inxerir devandita droga.

É moi coñecido en Connecticut o seu status como unha cidade post-industrial loitadora marcada pola pobreza, destacando notablemente os seus veciños da Gold Coast (Costa do Ouro).

Cultura[editar | editar a fonte]

Cultura popular[editar | editar a fonte]

  • A cidade foi mencionada ao principio da novela de Mark Twain "Un ianqui de Connecticut na corte do Rei Arturo":
Ao cabo dunha hora de camiño apareceu de lonxe unha cidade adormentada a beiras dun río sinuoso, e ás súas costas, sobre un outeiro, unha enorme e escura fortaleza, con torres e torreóns, unha escena que ata agora só vira nas ilustracións.
Bridgeport? preguntei.
"Camelot" respondeu.

Os Gardacostas de Bridgeport foron telefonados por John McClain (Bruce Willis) na película Die Hard with a Vengeance (en España foi titulada como "Jungla de Cristal 3: La Venganza", mentres en Hispanoamérica recibiu o nome de "Duro de Matar 3: La Venganza", tradución literal do título orixinal).

Artes interpretativas[editar | editar a fonte]

Bridgeport organizou tres veces o Gathering of the Vibes, un festival dun fin de semana de arte, música e cámping que ofrece algúns dos mellores nomes de talento festival. En 1999, 2000 e de novo en 2007, miles de persoas viñeron de todas partes do mundo a acampar ao parque Seaside e gozar do talento de Buddy Guy, Bob Weir and Ratdog, o Deep Banana Blackout de Bridgeport, Les Claypool, Assembly of Dust, Dirty Dozen Brass Band, Los Lobos e moitos máis.

Museo Barnum

Teatros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Annual Estimates of the Population for All Incorporated Places in Connecticut" (CSV). 2006 Population Estimates. U.S. Census Bureau, Population Division. 2006. http://www.census.gov/popest/cities/files/SUB-EST2006_9.csv. Consultado o 28 de xuño.
  2. [1]
  3. Burr, Raymond F., Abraham Lincoln: Western Star Over Connecticut, Lithographics Inc., Canton, Connecticut (no year given), pages 1 and 15; book contents reprinted by permission of the Lincoln Herald, (Harrogate, Tennessee) Summer, Fall and Winter, 1983 and Spring and Summer, 1984
  4. Holzer, Harold, Lincoln at Cooper Union, (Simon & Schuster: Neew York), 2004 Chapter 8: "Unable to Escape This Toil," p. 201 ISBN 0-7432-2466-3
  5. [www1.ncdc.noaa.gov/pub/data/techrpts/tr9602/tr9602.pdf O invierno de 1995/96: Unha estación de extremos, National Climatic Data Center]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bridgeport, Connecticut