Brandon Davies

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brandon Davies
Valencia Basket
Información persoal
Nacemento 25 de xullo de 1991 (32 anos)
Pensilvania Filadelfia, Pensilvania
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
Instituto Provo (Provo, Utah)
Universidade BYU (2009–2013)
NBA Draft 2013 / Rolda: Sen draftear
Carreira dende 2013
Historial de equipos
Philadelphia 76ers (2013–2014)
Brooklyn Nets (2014–2015)
Élan Chalon (2015)
Varese (2015–2016)
Monaco (2016–2017)
Žalgiris (2017–2019)
Barcelona (2019–2022)
Olimpia Milano (2022–2023)
Valencia Basket (2023–presente)

Brandon Davies, nado o 25 de xullo de 1991 en Filadelfia, Pensilvania, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente xoga para o Valencia Basket da Liga ACB.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2013, Davies uniuse ós Los Angeles Clippers para a Liga de Verán da NBA de 2013.[1] O 5 de setembro de 2013 asinou cos Clippers,[2] pero foi cortado o 21 de outubro.[3]

O 28 de outubro de 2013, Davies asinou cos Philadelphia 76ers.[4] Xogou o seu primeiro partido na NBA o 2 de novembro de 2013 contra os Chicago Bulls.

O 11 de decembro de 2014, Davies foi traspasado ós Brooklyn Nets a cambio de Andrei Kirilenko, Jorge Gutiérrez e unha elección da segunda rolda do Draft de 2020.[5]

O 4 de xullo de 2019, Davies asinou un contrato de dous anos co FC Barcelona da Liga ACB.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Shepherd, Jason (28 de xuño de 2013). "Undrafted Davies will play for the Clippers in Summer League". ksl.com. 
  2. "Clippers Sign Brandon Davies". NBA.com (Nota de prensa). Turner Sports Interactive, Inc. 5 de setembro de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2014. 
  3. "Clippers waive forward Brandon Davies". insidehoops.com (Nota de prensa). 21 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2014. Consultado o 13 de decembro de 2014. 
  4. "Sixers Sign Rookie Free Agent Brandon Davies". NBA.com (Nota de prensa). Turner Sports Interactive, Inc. 28 de outubro de 2013. Consultado o 28 de outubro de 2013. 
  5. "Nets Acquire Brandon Davies". NBA.com (Nota de prensa). Turner Sports Interactive, Inc. 11 de decembro de 2014. Consultado o 13 de decembro de 2014. 
  6. "Barcelona brings All-EuroLeague center Davies aboard". EuroLeague.net. 4 de xullo de 2019. Consultado o 4 de xullo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]