Brachymystax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Brachymystax

Brachymystax lenok
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Protacanthopterygii
Orde: Salmoniformes
Familia: Salmonidae
Subfamilia: Salmoninae
Xénero: Brachymystax
Günther, 1866
Especies
Véxase o texto

Brachymystax é un xénero de peixes osteíctios da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos e subfamilia dos salmoninos.[1][2][3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1866 polo zoólogo británico Albert Günther.[1][2][3]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Brachymystax está formado pola unión dos elementos do latín científico brachy- e -mixtax, tirados das voces do grego antigo βραχύς brachýs, "curto" e μυσταξ mystax, "bigote", respectivamente,[4] en alusión ao pequeno rebordo que sobresae por riba do labio superior.

Especies[editar | editar a fonte]

No xénero recoñécense tres especies:[1][2][3]

Distribución[editar | editar a fonte]

Viven e ríos e lagos de Mongolia, Casaquistán, máis amplamente en Siberia (incluído o Extremo Oriente ruso), e no norte da China e en Corea.[5][6]

Características[editar | editar a fonte]

Teñen unha anatomía parecida á doutros salmónidos. O tamaño máximo descrito foi de 70 cm.[7]

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

Son peixes anádromos. Cando viven no mar son bentopeláxicos, e remontan os ríos até a seu treito máis alto para reproducírense.[8]

Cando en inverno conxelase a parte superior de ríos e lagos, viven ben baixo o xeo.[9]

Son depredadores de todo animal pequeno que encontren.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Brachymystax Günther, 1866 no WoRMS. Consultado o 16 de marzo de 2020.
  2. 2,0 2,1 2,2 Brachymystax Günther, 1866 no GBIF. Consultado o 16 de marzo de 2020.
  3. 3,0 3,1 3,2 Brachymystax Günther, 1866 na BioLib. Consultada o 16 de marzo de 2020.
  4. Romero, P. (2002): An etymological dictionary of taxonomy. Madrid.
  5. Kartavtseva, I. V.; Ginatulina, L. K.; Nemkova, G. A. & Shedko, S. V. (2013): "Chromosomal study of the lenoks, Brachymystax (Salmoniformes, Salmonidae) from the South of the Russian Far East". Journal of Species Research 2 (1): 91-98.
  6. Alekseev, S. S. & Osinov, A. G. (2006): "Blunt-snouted lenoks (genus Brachymystax: Salmoniformes, Salmonidae) from the Ob' basin: New data on morphology and allozyme variation". Journal of Ichthyology 46 (7): 500–516.
  7. IGFA, 2001. "Database of IGFA angling records until 2001". IGFA, Fort Lauderdale, EEUU.
  8. Riede, K. (2004): "Global register of migratory species - from global to regional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081". Federal Agency for Nature Conservation, Bonn, Alemania.
  9. Chyung, M.-K. (1977): The fishes of Korea. Seúl, Corea do Sur: Il Ji Sa Publishing Co. Seul.
  10. Bogutskaya, N. G. & A. M. Naseka (1996): "Cyclostomata and fishes of Khanka Lake drainage area (Amur river basin). An annotated check-list with comments on taxonomy and zoogeography of the region". Zool. Inst. Russ. Acad. Sci.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]