Bernardino Fernández de Velasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bernardino Fernánde de Velasco (1783 - 1851), Duque de Frías e Conde de Peñaranda. Político, militar e diplomático español.

Ingresa no exército con 13 anos, e chega ao rango de tenente cando conta con 19. Destinado en Portugal co exército francés, desertou para unirse á resistencia española durante a Guerra da Independencia Española. Co regreso de Fernando VII, e xa co grao de coronel, recomendoulle que xurara a Constitución de 1812 e que non fixera caso dos absolutistas.

Non será até 1820 cando regrese á vida política coa chegada do Trienio liberal como embaixador en Londres. Logo exíliase a Montpellier até que coa morte do rei consegue acceder as Cortes durante dous anos (1834 - 1836). Francisco Martínez de la Rosa envíao a París para conseguir a axuda dos franceses na Primeira Guerra Carlista.

No ano 1838 é nomeado senador pola Provincia de León. O 6 de setembro, foi nomeado Presidente do Consello de Ministros. Os seus intentos de reconciliación, obrigárono a dimitir o 8 de novembro. En 1845 regresa como senador vitalicio. E en 1847 ingresa na Real Academia Española.

Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Narciso Heredia Begines de los Ríos
Bernardino Fernández de Velasco
Precede a:
Evaristo Pérez de Castro Colomera
Presidente do Goberno de España